Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O CDG organiza un encontro na Escola Oficial de Idiomas de Santiago co director e os actores de 'Novas diretrizes em tempos de paz' Documento anexo

[12/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou esta tarde, a través do Centro Dramático Galego e da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago, un encontro arredor do espectáculo ‘Novas diretrizes em tempos de paz’, que A Escola da Noite de Coimbra representa mañá xoves, ás 20.30 h, no Salón Teatro dentro do programa Troco x Troco de intercambio teatral con Portugal.

O PLAN DE ACTIVIDADE DA COMPAÑÍA PÚBLICA PARA ESTE ANO INCLÚE TAMÉN O ESPECTÁCULO 'FULL HOUSE' DE JOHAN INGER E UNHA NOVA CONVOCATORIA DE COPRODUCIÓN

'A bela adormecida' estréase o 21 de febreiro na Coruña como primeira produción de 2014 do Centro Coreográfico, en colaboración coa Sinfónica Documento anexo

[12/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe na Coruña a estrea do ballet clásico ‘A bela adormecida’ que, producido polo Centro Coreográfico Galego (CCG) en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), terá lugar os días 21 e 22 de febreiro no Pazo da Ópera.

REPRESENTARASE ESTE XOVES 13, ÁS 20.30 HORAS

O espectáculo 'Novas diretrizes em tempos de paz' da Escola da Noite abre no Salón Teatro a segunda parte do programa Troco x Troco de intercambio con Portugal Documento anexo

[11/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta este xoves día 13 no Salón Teatro de Santiago a compañía portuguesa A Escola da Noite co seu espectáculo ‘Novas diretrizes em tempos de paz’. Con esta función do grupo de Coimbra, que terá lugar ás 20.30 horas, dá comezo a segunda quenda de programación da edición inaugural do circuíto Troco x Troco para o intercambio teatral entre Portugal e Galicia.

A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA ESTRÉASE O SÁBADO 22 DE MARZO

O Centro Dramático Galego pon en marcha un blog con motivo do inicio dos ensaios de 'Longa viaxe cara á noite' Documento anexo

[07/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou esta semana o período de ensaios de ‘Longa viaxe cara á noite’, a versión en galego da coñecida obra do estadounidense Eugene O’Neill, que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará no Salón Teatro de Santiago o sábado 22 de marzo.

REPRESÉNTASE O SÁBADO 8, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 9, ÁS 18.00 HORAS

A compañía compostelá VerdeVeras estrea esta fin de semana no Salón Teatro o espectáculo 'Desalmad@s' Documento anexo

[06/02/2014] O Salón Teatro, espazo de Santiago de Compostela xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle esta fin de semana a estrea de ‘Desalmad@s’, a nova proposta escénica de VerdeVeras Expresións Artísticas. Estas primeiras funcións do espectáculo, que interpreta en solitario María Ángeles Iglesias, terán lugar o sábado 8 de febreiro, ás 20.30 horas, e o domingo 9, ás 18.00 horas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: