Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

HABERÁ UNHA FUNCIÓN PARA PÚBLICO ESCOLAR O VENRES 24 ÁS 11.00 H E OUTRA PARA PÚBLICO XERAL O SÁBADO 25

O Centro Dramático Galego representa en Narón "Días sen gloria", de Roberto Vidal Bolaño con dirección de Fefa Noia Documento anexo

[22/05/2013] O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria representa este sábado en Narón a súa última produción teatral, Días sen gloria, orixinal de Roberto Vidal Bolaño, dirixida por Fefa Noia e protagonizada por Manuel Manquiña como homenaxe ao autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

O ESPAZO COMPOSTELÁN OFRECERÁ NA TARDE DO VENRES 24 DOUS PASES, ÁS 18.30 E ÁS 20.30 H, DESTA ADAPTACIÓN DO FAMOSO CONTO DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN

O público familiar será protagonista este venres no Salón Teatro con dúas funcións de "O soldadiño de chumbo" de Baobab Documento anexo

[22/05/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dedica a xornada do venres 24 ao público infantil e familiar con dúas funcións do espectáculo O soldadiño de chumbo, nova proposta da compañía galega Baobab Teatro que poderá verse ás 18.30 e ás 20.30 horas.

ABDUL, UN RAPAZ ETÍOPE DE NACEMENTO E GALEGO DE ADOPCIÓN, PROTAGONIZA O FILME DIRIXIDO POLO SEU PAI E RODADO DURANTE A SÚA VIAXE AO NORTE DE ETIOPÍA

O Salón Teatro acolle este xoves a estrea do documental "Shoots from Abyssinia" de Ovidio Fernández Documento anexo

[21/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 23, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago a estrea da longametraxe documental Shoots from Abyssinia, dirixida por Ovidio Fernández. O seu fillo Abdul, etíope de nacemento e galego de adopción, protagoniza este filme, rodado no verán de 2010 durante a viaxe que realizaron ao norte de Etiopía co fin de reencontrarse co país africano e de achegarnos unha imaxe lonxe de estereotipos e de prexuízos.

A PRIMEIRA COMPAÑÍA TEATRAL DE INVIDENTES CREADA EN GALICIA ACTÚA ESTE MÉRCORES NA SEDE DO CDG, QUE CEDE O SEU ESCENARIO A UN TOTAL DE CINCO PROPOSTAS INTEGRADORAS E SOLIDARIAS

O grupo de teatro da ONCE Valacar representa a súa versión do clásico de Molière 'O médico á forza' dentro da nova carteleira do Salón Teatro Documento anexo

[20/05/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este mércores 22, ás 20.30 horas, a representación da versión do clásico de Molière O médico á forza a cargo de Valacar, grupo galego de teatro da ONCE (Organización Nacional de Ciegos Españoles). Esta actuación insírese na nova programación que o espazo compostelán desenvolve ata finais de xuño, dentro da que terán lugar outras 17 citas co teatro, a música e o audiovisual galegos.

MARTA PAZOS DIRIXE A ANABELL GAGO, LORENA CONDE E CHELO DO REJO NESTE ESPECTÁCULO, QUE SE REPRESENTA O DOMINGO 19 DE MAIO, ÁS 18.00, E O LUNS 20 E O MARTES 21, ÁS 20.30

O Salón Teatro ofrece tres funcións de "C'est la vie", primeira produción da compañía galega Matrioshka Documento anexo

[15/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece no Salón Teatro a presentación en Santiago de Ces’t la vie, espectáculo de debut da nova compañía teatral galega Matrioshka, que acaban de poñer en marcha as actrices Anabell Gago e Lorena Conde. A súa primeira proposta é unha creación colectiva, que elas mesmas interpretan xunto a Chelo do Rejo e para a que contaron, ademais, con Marta Pazos na dirección de escena e na dramaturxia.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: