Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A COMPAÑÍA PÚBLICA ESTREA O SÁBADO EN VILAGARCÍA A SÚA VERSIÓN DA CREACIÓN DE TCHAIKOVSKI E PETIPA, QUE REPRESENTARÁ INICIALMENTE NOUTRAS SETE LOCALIDADES

A Consellería de Cultura e Educación presenta o 'Quebranoces' como primeira produción de ballet clásico do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[20/12/2012] O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea este sábado 22 de decembro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o Quebranoces, versión da famosa creación de Tchaikovski e Petipa coa que a unidade de danza da Xunta de Galicia incorpora por vez primeira ao seu repertorio unha produción de ballet clásico.

A MONTAXE REALIZADA CON MARIONETAS DE FÍOS E ACTORES CELEBRA 25 ANOS DE REPRESENTACIÓNS

Cultura e Educación ofrece este domingo no Salón Teatro una dobre función de "Titiricircus" a cargo da compañía Tanxarina Documento anexo

[20/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este domingo, dentro programación especial de Nadal do Salón Teatro de Santiago, dúas funcións do espectáculo Titiricircus a cargo da compañía Tanxarina, que terán lugar ás 12:00 e ás 18:00 horas.

CAIR (CAÍDAS ACROBACIAS INVESTIGACIÓN RISAS) OFRECE UNHA PROPOSTA DE TEATRO XESTUAL, DANZA, ACROBACIAS E MALABARES O LUNS 17 E O MARTES 18 ÁS 20.30

Cultura e Educación abre a programación familiar de Nadal do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións de novo circo Documento anexo

[13/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a programación especial de Nadal do Salón Teatro de Santiago, que dará comezo a vindeira semana coas dúas funcións de novo circo que a plataforma CAIR (Caídas Acrobacias Investigación Risas) desenvolverá o luns 17 e o martes 18 ás 20.30 horas.

A Consellería de Cultura e Educación presenta en Narón o espectáculo do CDG "O profesional" na recta final da súa xira Documento anexo

[12/12/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase este sábado 15 ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Narón con O profesional, o seu último espectáculo. A compañía pública entra así na recta final da xira que está a desenvolver con esta adaptación da obra de Dusan Kovacevic, dirixida por Manuel Guede Oliva e realizada en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga.

A NOVA PROPOSTA DO CDG REPRESÉNTASE NO AUDITORIO MUNICIPAL ESTE SÁBADO DÍA 8, ÁS 20.30 HORAS

A Consellería de Cultura e Educación leva a Rianxo o espectáculo do Centro Dramático Galego "O profesional" Documento anexo

[05/12/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo en Rianxo unha función do seu espectáculo O profesional, que terá lugar no Auditorio Municipal o sábado día 8 ás 20:30 horas. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede, avanza así nunha xira que abrangue 11 escenarios galegos e portugueses, despois de ser estreada en Santiago o pasado 5 de outubro.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: