Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ORGANIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DESENVÓLVESE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO

Cinco compañías galegas protagonizan o peche da programación anual do Salón Teatro coa Mostra de Teatro Infantil de Nadal Documento anexo

[23/12/2011] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2011 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de teatro de actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os espectadores máis pequenos. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) desde o ano 2000 e sempre nas mesmas datas, nesta undécima edición participan os grupos galegos Teatro del Andamio, coa montaxe Area e Auga; Artello Teatro alla Scala 1:5, con Cinderela Mix; Teatro do Morcego, con O Gato Manchado e a Andoriña Siñá; Fantoches Baj, con Fábula Galénica; e Teatro do Noroeste, con Piratas.

AS PROBAS, DIRIXIDAS A ESTUDANTES DE ESCOLAS E CONSERVATORIOS DE DANZA DE TODA GALICIA, DESENVOLVERANSE NA MAÑÁ DO XOVES 22 NA SEDE DO CCG NA CORUÑA

Máis de 230 alumnos de danza a partir dos 9 anos participarán na audición do Centro Coreográfico Galego para "O Quebranoces"

[20/12/2011] Máis de 230 alumnos de conservatorios e escolas de danza de toda Galicia participarán o vindeiro xoves 22 nas audicións que o Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza na súa sede da Coruña como fase previa á produción en 2012 do ballet O Quebranoces. Os estudantes seleccionados nestas probas, dirixidas a rapazas e rapaces a partir de 9 anos de idade, terán a oportunidade de actuar xunto co elenco profesional da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) nas diferentes funcións que se ofrezan desta montaxe.

A AGADIC PATROCINA ESTE GALARDÓN, QUE TEN UNHA DOTACIÓN DE 6.000 EUROS PARA DÚAS MODALIDADES

CDG e Radio Galega organizan a sexta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico Documento anexo

[19/12/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega puxeron en marcha a sexta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico coa apertura ata o próximo 15 de xaneiro de 2012 do prazo de recepción de orixinais. O galardón, que conta co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, continúa así a súa traxectoria a prol da recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva actual.

AS ENTRADAS PARA AS DÚAS REPRESENTACIÓNS SON DE BALDE, PREVIO PASO POLO DESPACHO DE BILLETES

O teatro universitario ocupa o Salón Teatro coas últimas montaxes dos Sigillatos Galaicos e da Aula de Teatro da USC Documento anexo

[16/12/2011] As compañías de teatro universitario Os Sigillatos Galaicos e a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ocupan o Salón Teatro este luns día 19 e o martes 20, respectivamente, para presentar as súas novas propostas escénicas. As entradas para asistir a estas dúas representacións son de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde dúas horas antes do comezo de cada función. Poderán retirarse ata dúas localidades por persoa.

CELÉBRASE ESTE SÁBADO 17, ÁS 21.00 HORAS, NO AUDITORIO DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE

O Centro Coreográfico deseña e interpreta unha das pezas de "A sinfonía das fábulas" para o concerto de Nadal da Banda de Silleda Documento anexo

[15/12/2011] O Centro Coreográfico Galego colabora coa Banda de Música Municipal de Silleda no deseño e interpretación dunha das coreografías que integran A sinfonía das fábulas, espectáculo central do concerto especial de Nadal da formación pontevedresa. Baixo a dirección de Rafa Agulló, o recital celébrase este sábado 17, ás 21.00 horas, no auditorio da Fundación Semana Verde de Galicia.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: