Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A AGADIC APOIA ESTA MISIÓN COMERCIAL NO ENCONTRO QUE SE DESENVOLVE NA CIDADE DE BOS AIRES DO 2 AO 5 DE XUÑO

Un total de 11 empresas galegas participarán nas roldas de negocios do Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA) Documento anexo

[01/06/2011] Un total de 11 empresas galegas dos ámbitos escénico, musical e audiovisual participan a partir de mañá no Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA) de Bos Aires, como integrantes da misión comercial internacional que se incorpora ao evento. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo apoia a presenza da delegación galega nas roldas de negocios que diariamente se desenvolverán no marco deste encontro que por primeira vez organiza a Secretaría de Cultura da Nación xunto a outros tres ministerios.

A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO, A TRAVÉS DA AGADIC, E O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PROMOVEN ESTE CONCERTO EN SANTIAGO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO ANO CUNQUEIRO

Á venda as entradas para o recital de Amancio Prada "Camelias para Cunqueiro" o 10 de xuño no Salón Teatro Documento anexo

[31/05/2011] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o venres 10 de xuño, ás 21.00 horas, o concerto "Camelias para Cunqueiro", no que Amancio Prada interpretará poemas do gran autor mindoniense dentro da programación conmemorativa "2011, Ano Cunqueiro", que a Xunta de Galicia promove a través da Consellería de Cultura e Turismo no centenario do nacemento do escritor. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Consello da Cultura Galega colaboran na organización deste recital poético musical, para o que xa está dispoñible a venda anticipada de entradas a través da billeteira electrónica de Novacaixagalicia no enderezo www.caixagalicia.es.

AS ACTUACIÓNS COMEZAN MAÑÁ E ESTENDERANSE ATA FINAIS DE SETEMBRO CUNHA CARTELEIRA DE TEATRO, MÚSICA, DANZA, MAXIA E NOVO CIRCO A CARGO DE 162 FORMACIÓNS GALEGAS

A Agadic programa máis de 560 funcións e concertos en 163 concellos a través de "Camiños de Cultura 2011" Documento anexo

[31/05/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo inaugura mañá a edición 2011 do programa Camiños de Cultura, cunha carteleira de 564 funcións escénicas e musicais que se desenvolverá ata finais de setembro nun total de 163 concellos de toda Galicia. A finalidade deste circuíto é garantir a programación estable en espazos públicos dos concellos, favorecendo a ampliación da súa oferta cultural aos meses de verán e atendendo a unha demanda variada canto a tipos de públicos e estilos artísticos.

A AXENCIA ACHEGA ESTE ANO 5 MILLÓNS DE EUROS AO SECTOR A TRAVÉS DOS INVESTIMENTOS COMPROMETIDOS PARA 2011 NAS CONVOCATORIAS DOS ÚLTIMOS CATRO ANOS

A Agadic destina un total de 2,9 millóns de euros ás axudas 2011 para produción e coprodución de longametraxes en galego Documento anexo

[30/05/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) completa o seu programa anual de subvencións ao audiovisual coa publicación hoxe da convocatoria para producións e coproducións en lingua galega, á que destina un total 2.900.000 euros. Dirixida a promover a realización de longametraxes para cine e televisión, trátase da quinta das liñas de apoio ao sector convocadas este ano pola entidade da Consellería de Cultura e Turismo por un importe global de 3.575.000 euros.

A MONTAXE REPRESÉNTASE O MÉRCORES 1 ÁS 20.30 HORAS COMO FROITO DUN ACORDO DE INTERCAMBIO ARTÍSTICO ENTRE O CDG E O FITEI DE PORTUGAL

O Salón Teatro pecha a temporada de exhibición 2010-2011 co espectáculo "Medea llama por cobrar", da compañía de Ecuador Zero no Zero

[30/05/2011] O Salón Teatro, espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago de Compostela, congregou un total de 12.706 espectadores nas 116 funcións desenvolvidas na temporada de exhibición 2010-2011, ciclo que finaliza este mércores día 1 de xuño coa posta en escena da montaxe Medea llama por cobrar, da compañía ecuatoriana Zero no Zero Teatro, en visita a Compostela como extensión do FITEI (Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica) de Porto, Portugal.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: