Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

DESPOIS DE 30 ANOS DE SILENCIO MUSICAL, REAPARECE ARROUPADA POR UNHA NOVA XERACIÓN DE MÚSICOS COMO DEVENDRA BANHART, JOANNA NEWSOM OU ANIMAL COLLECTIVE

A cantautora folk británica Vashti Bunyan clausura no Salón Teatro a extensión en Santiago do Festival Sinsal Documento anexo

[11/05/2010] O Festival Sinsal pecha mañá a cuarta edición da súa extensión en Santiago de Compostela co concerto que ofrecerá Vashti Bunyan a partir das 22.00 horas no Salón Teatro. Na que é a súa primeira actuación en Galicia, a cantautora folk inglesa repasará os temas que marcaron a súa particular traxectoria profesional, que retomou tras 30 anos de silencio arroupada por unha nova xeración de músicos como Devendra Banhart, Joanna Newsom ou Animal Collective, entre outros.

ORGANIZADO POR PORTEGAL, PORTAL GALEGO DE TÉCNICOS DE ESCENA NA INTERNET, CÉNTRASE NOS ASPECTOS PRÁCTICOS DESTE EQUIPAMENTO DIXITAL DE MESTURAS

Quince profesionais de son asisten hoxe no Salón Teatro de Santiago a un seminario sobre o sistema de mesturas dixital Roland M400, M-48 e Digital Snake Documento anexo

[11/05/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle durante toda a xornada de hoxe un seminario sobre o sistema dixital de mesturas de son conformado pola mesa Roland M400 e as unidades M-48 e Digital Snake, no que están a participar unha quincena de profesionais. Organizado polo portal dos técnicos de escena de Galicia na internet, Portegal, en colaboración co Centro Dramático Galego e coa firma Roland, o encontro diríxese aos técnicos de son, tanto de teatro como de todo tipo de espectáculo, cunha finalidade eminentemente práctica.

A ENTIDADE DA CONSELLERÍA DE CULTURA COMPLETA AS CONVOCATORIAS DO SEU PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS AO SECTOR AUDIOVIUSAL 2010, QUE SUMAN UN TOTAL DE 7.060.000 EUROS

A Agadic apoia con 4.980.000 euros a produción e coprodución de longametraxes en galego para cine e tv Documento anexo

[10/05/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) destina un total de 4.980.000 euros ás axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega, que experimentan un incremento de 130.000 euros respecto da súa dotación en 2009. Con esta nova convocatoria, a entidade da Consellería de Cultura e Turismo completa o seu programa de subvencións ao audiovisual galego para 2010, no que se insiren outras cinco modalidades xa convocadas entre os meses de marzo e abril.

O RECITAL CONXUNTO DE SOCORRO LIRA, MARGARETH MENEZES, JOÃO AFONSO, TERESA PAIVA, ENEIDA MARTA E UXÍA SERÁ TRANSMITIDO A TRAVÉS DE INTERNET

O programa CREATIVA da Agadic produce na Illa de San Simón o concerto multimedia "Cores do Atlántico" Documento anexo

[07/05/2010] O programa CREATIVA, que promoven conxuntamente a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e a Rexión Norte de Portugal, levará a cabo o vindeiro 14 de maio na illa de San Simón o concerto Cores do Atlántico, un evento eminentemente musical e multimedia no que actuarán os artistas Socorro Lira, Margareth Menezes, João Afonso, Teresa Paiva, Eneida Marta e Uxía. Coa reivindicación das cantigas de amigo como parte esencial do patrimonio galego-portugués, o recital, que poderán seguir en directo un máximo de 150 persoas, será transmitido para todo o mundo en tempo real por internet, a través da web www.coresdoatlantico.com.

INTERPRETA OS PRETO DE VINTE PERSONAXES DESTE ESPECTÁCULO PRODUCIDO POLA COMPAÑÍA GALEGA EME2 A PARTIR DOS TEXTOS DE DARIO FO, FRANCA RAME E JACOPO FO

Mercedes Castro presenta no Salón Teatro a comedia "Sexo? Por que non?" baixo a dirección de Álvaro Lavín

[06/05/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 8 ás 20.30 horas e domingo 9 ás 18.00 h) o inicio da xira de Sexo? Por que non?, o novo espectáculo da compañía galega Eme2 que interpreta a actriz Mercedes Castro baixo a dirección escénica de Álvaro Lavín. Baseada nos textos de Darío Fo, Franca Rame e Jacopo Fo, trátase dunha trepidante comedia que pretende desdramatizar os tabús arredor do sexo, fuxindo do chiste fácil e amosando situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: