[2023-06-12 09:00:00] Publícanse na web Axencia Galega das Industrias Culturais a convocatoria e as bases do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, e da modificación introducida polo Real decreto lei 5/2022, do 22 de marzo, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) no período 2023-2024. Trátase dun proxecto de creación a partir de textos de Tamara Canosa e outros autores.
Nese mesmo enlace poderá seguirse o resto do proceso.