Novas
AS FUNCIÓNS TERÁN LUGAR NO TEATRO PRINCIPAL OS DÍAS 7,8 E 9 DE XULLO
[04/07/2023] Producións Teatráis Excéntricas estrea este venres día 7 ás 20,30 h. no Teatro Principal de Santiago 'O auto do Castromil' baixo a dirección de Quico Cadaval e en coprodución co Centro Dramático Galego. A peza, gañadora do III Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, repetirá funcións o sábado e o domingo en colaboración co Concello e antes de iniciar unha xira cuxas próximas paradas serán o 23 de xullo na xornada de clausura da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o 15 de agosto na Mostra de Teatro do Cariño.
A SEDE DA UNIDADE TEATRAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FP E UNIVERSIDADES ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS GRATUÍTAS MAÑÁ ÁS 20,00H. E O DOMINGO ÁS 19,00H.
[23/06/2023] O Salón Teatro recibe esta fin de semana
Ifixenia, un espectáculo que o Centro Dramático Galego coproduce xunto a outras compañías institucionais e centros de ensino teatral superior de Galicia, Francia e Portugal. A peza, escrita polo dramaturgo luso Tiago Rodrigues, actual director do Festival de Aviñón, enmárcase dentro do Proxecto Nós/Nous, iniciativa europea que ten como obxectivo promover a práctica teatral e o intercambio exterior de estudantes de Arte Dramática no treito final do seu período académico, ao poñelos en contacto con figuras consolidas do sector.
A XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PRECESO DE SELECCIÓN DE INTÉRPRETES, CUXO PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUTED PERMANECERÁ ABERTO DESDE MAÑÁ E ATA O 27 DE XUÑO
[12/06/2023] O Centro Dramático Galego conmemorará en 2024 o seu 40º aniversario coa estrea no mes de abril dunha produción propia de gran formato que será unha das máis ambiciosas da súa historia, ao requirir en escena 20 actores e actrices. O
Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio do proceso de selección dos integrantes do elenco, en tanto que as bases do procedemento se poden consultar na páxina
web da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto a partir de mañá e ata o martes 27 de xuño.
A PEZA CENTRAL DESEÑADA POLA CREADORA EN 2019 PARA O 'NEORRETRANCA E POSMORRIÑA' DÁ LUGAR A UNHA INSTALACIÓN ARTÍSTICA QUE SE EXPÓN NO PRINCIPAL CERTAME MUNDIAL SOBRE ESPAZOS ESCÉNICOS E ELEMENTOS
[08/06/2023] Unha obra escultórica da creadora e directora de escena Marta Pazos realizada a partir da súa escenografía para o espectáculo producido en 2019 polo Centro Dramático Galego
Neorretranca e
posmorriña exhíbese desde hoxe na Quadriennal de Praga, o principal certame mundial especializado en espazos escénicos e elementos escenográficos, que se desenvolve na capital checa ata o 18 de xuño.
A proposta ecléctica de Adrian Timms abre mañá ás 21,00 h un cartel de recitais de rúa que tamén levará á fachada da sede do Centro Dramático Galego a hydn, Helena Egea e Law os días 14
[06/06/2023] O balcón do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ao longo do mes de xuño e dentro do ciclo Mércores de varanda a actuación de catro artistas integrados no programa Sonemerxente, aceleradora de proxectos musicais organizada pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia. O proxecto de Adrian Timms, baseado nunha actualización do concepto de home orquestra mesturando ao vivo diferentes capas de instrumentos tecnolóxicos, abrirá a serie de concertos mañá mércores ás 21,00 h.
Anteriores | 1
2
| 3 |
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes