Novas
O público achegarase ao proceso de creación dos proxectos e asistirá a unha breve representación de cada un deles
[14/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle a vindeira semana unha mostra ao público do programa 'Residencias cruzadas', desenvolvido no espazo da Xunta ao longo de febreiro. O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, promoveu esta iniciativa para dinamizar o sector escénico ante a cancelación das funcións teatrais por mor da covid-19, aglutinou nove propostas artísticas combinadas en cinco proxectos.
Hoxe desenvolveuse a sesión ‘Monetiza a túa música’, no marco do V Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais organizado pola Xunta e a Fundación Paideia
[13/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolleu hoxe a primeira das sesións do V Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais, organizado pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza. Baixo o título 'Monetiza a túa música en liña', expertos na materia abordaron as vías para rendibilizar a distribución musical a través das plataformas dixitais.
As tres creacións represéntanse os días 13, 14, 21 e 28 de marzo e englóbanse no marco das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021, impulsado pola Xunta
[11/03/2021] A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG) amosan ao público este mes de marzo os proxectos artísticos 'Clásicas desfeitas', coproducidos por ambas institucións da Xunta de Galicia no marco do programa das 'Residencias artísticas do Gaiás' (REGA) 2021 impulsado polo Goberno autonómico. Nestas estadías creativas unha trintena de artistas traballaron con nove textos clásicos para reinterpretalos e ofrecer unhas anovadoras versións.
Coa súa adhesión á iniciativa ‘Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas’, promovida pola Asociación Clásicas e Modernas
[08/03/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) da Xunta de Galicia vén de sumarse á iniciativa
Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas, promovida pola asociación para a igualdade de xénero na cultura
Clásicas e Modernas. O director do CDG, Fran Núñez, formalizou a adhesión xunto coas representantes do colectivo en Galicia Mariana Carballal e Estíbaliz Veiga, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Deste xeito o CDG comprométese a impulsar accións a prol da igualdade nos ámbitos da produción e a difusión, da gobernanza e da comunicación por un período de tres anos, en liña co traballo desenvolvido pola anterior dirección.
O SECRETARIO XERAL DE CULTURA, ANXO M. LORENZO, PRESENTA A PRIMEIRA EDICIÓN, QUE IMPLICA O CDG E OS COLECTIVOS RPM, CHARCO E AÏS
[04/03/2021] O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura o lanzamento de
REGA: Residencias artísticas no Gaiás, o novo programa da Xunta de Galicia para impulsar a creación artística. A través desta liña de traballo, a Cidade da Cultura porá os seus espazos, recursos e equipos técnicos ao servizo de creadores de dentro e fóra da nosa Comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
| 24 |
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes