Novas
SON 'O CHARCO DE ULISES', 'TERCEIRO ACTO' E 'SERVA ME, SERVABO TE'
[22/09/2020] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, configurou a súa temporada escénica 2020-2021 arredor de tres novas producións propias: O charco de Ulises, Terceiro acto e Serva me, servabo te, doutros tantos espectáculos en réxime de coprodución e de novas iniciativas deseñadas para reforzar a vocación de servizo público e de cooperación co sector no actual contexto sociosanitario.
HABERÁ FUNCIÓNS DE XOVES A DOMINGO
[16/09/2020] A compañía de teatro Cámara Negra estrea mañá no Salón Teatro de Santiago de Compostela Clausura do amor, espectáculo realizado en coprodución co Centro Dramático Galego que poderá verse no escenario da súa sede ata o domingo día 20. Trátase dunha das pezas máis representadas do autor, director e coreógrafo francés Pascal Rambert, levada a escena con versión e dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e interpretación a cargo de Teté García e Xosé Manuel Esperante.
NONONON.LAB, TEATRO ENSALLE E SALA ÁRTIKA LEVARÁN A CABO CANDANSEU ESPECTÁCULO XUNTO CO CDG
[11/09/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo, como son Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.
SERÁN ESTE SÁBADO ÁS 18,00 E ÁS 20,30 H
[10/09/2020] O Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolle este sábado día 12 dúas funcións de Poeta en Nova York, unha visión escénica da obra poética de Federico García Lorca, realizada pola compañía lucense Producións Paloma Lugilde xunto co Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
ARRANCA O MÉRCORES 9 DE SETEMBRO CO GAITEIRO ANXO LORENZO
[07/09/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) retoma a actividade pública do Salón Teatro co programa musical
Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999. O gaiteiro Anxo Lorenzo será o encargado de abrir este día 9 este cartel, que se desenvolverá todos os mércores ata finais de outubro.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
| 28 |
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes