Novas
DESDE MAÑÁ AO VENRES NO SALÓN TEATRO
[23/08/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá desde mañá luns 24 ata o venres ao 28 de agosto as probas de interpretación para seleccionar as 20 actrices e actores que integrarán os elencos das súas tres próximas producións propias:
O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso,
Terceiro acto, por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e
Serva me, servabo te, por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. Nelas participarán os 92 intérpretes que superaron unha primeira fase de valoración dos perfís artísticos de carácter profesional, á que concorreron 348 candidatos.
O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO DESDE MAÑÁ E ATA O DÍA 27A
[13/07/2020] O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se fai pública a convocatoria para a selección das 20 prazas de actrices e actores que interpretarán as próximas tres producións propias do Centro Dramático Galego (CDG), correspondentes á temporada escénica 2020-2021. Os títulos, aínda provisionais, destes espectáculos son
O charco de Ulises, obra de Santiago Cortegoso que el mesmo codirixirá con Marián Bañobre;
Terceiro acto, con dramaturxia e dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e
Serva me, servabo te, con Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta.
DIRIXIDA POR VANESA SOTELO E INTERPRETADA POR DAVIDE GONZÁLEZ
[09/07/2020] O Salón Teatro compostelán acolle mañá, ás 20,30 h., unha función do espectáculo 'Microspectivas dun marica millennial', coprodución entre a compañía Incendiaria e o Centro Dramático Galego (CDG), que se programa nun único pase no marco do festival USCénica da Universidade de Santiago. A montaxe, que tiña previsto a súa estrea no Auditorio Municipal de Cangas o pasado 14 de marzo e representacións posteriores no Salón Teatro, tivo que pospoñer o seu encontro co público por mor da declaración do estado de alarma ata o 19 de xuño, día en que se estreou finalmente na Sala Ingrávida do Porriño.
O SÁBADO 4 E O DOMINGO 5 DE XULLO
[23/06/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) reabrirá as portas da súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, coa estrea o sábado 4 e o domingo 5 de xullo de
Crónica dunha heterosexual insatisfeita, espectáculo de Verdeveras Expresións Artísticas inserido no programa de coproducións da compañía da Xunta de Galicia.
NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, ATA O DOMINGO 15
[10/03/2020] A sede do Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago ábrelle esta semana as súas portas a unha nova residencia artística, previa á estrea este xoves 12 do espectáculo
O premio por La Quintana Teatro, en coprodución coa compañía da Xunta de Galicia. A formación coruñesa regresa así ao Salón Teatro, onde o pasado mes de outubro presentou a versión en galego de
Desde lo invisible, o seu aplaudido espectáculo de debut.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
| 29 |
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes