Novas
DESDE MAÑÁ ATA O DOMINGO, NO SALÓN TEATRO
[16/01/2020] O Salón Teatro de Santiago retoma a súa actividade pública tras a programación especial de Nadal con Producións Dispersas e o seu espectáculo
Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0), do que é autor e intérprete Diego Freire. Esta peza cómico-musical poderá verse desde mañá e ata o domingo na sede do Centro Dramático Galego, onde a compañía xa representou esta mesma mañá, nun pase especial para escolares, a montaxe para público infantil e familiar
Tódalas marabillas do mundo.
OCUPARÁ O POSTO DE COORDINADOR DO DEPARTAMENTO DE PRODUCIÓN TEATRAL DA AGADIC, DESDE O QUE TAMÉN PLANIFICARÁ A ACTIVIDADE DO SALÓN TEATRO
[07/01/2020] O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, acordou a contratación do director de escena e actor vigués Fran Núñez para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe a dirección do Centro Dramático Galego (CDG).
Aporía Escénica representará 'Animal Sagrado' os días 28 e 29 de decembro; e Talía Teatro, 'Lambetadas' o 3 e mais o 4 de xaneiro
[23/12/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por cuarto ano consecutivo o seu ciclo 'Gran teatro para os máis pequenos' para celebrar o Nadal co público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. A programación especial para estas festas desenvólvese os días 28 e 29 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, arredor de dous espectáculos das compañías galegas Aporía Escénica e Talía Teatro, precedidos de cadanseu taller.
NO SALÓN TEATRO, DO 11 AO 21 DE DECEMBRO
[09/12/2019] A Xunta de Galicia, a través do Centro Dramático Galego (CDG) e da Secretaría Xeral da Emigración, participa na coprodución internacional
Se fosen turistas, levarían gafas de sol, que poderá verse no Salón Teatro de Santiago do 11 ao 21 de decembro. A reflexión arredor da emigración, pasada e presente, é o eixo temático desta proposta das compañías galegas Limiar Teatro e Crémilo, que conta tamén coa implicación das entidades portuguesas Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e Comedias do Minho, a arxentina Cía. Nacional de Fósforos de Bos Aires e a uruguaia El Mura de Montevideo.
PRESENTOUSE HOXE EN CULTURGAL
[01/12/2019] A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer hoxe en Culturgal a publicación de
DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG)
O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
| 31 |
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes