AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O DOMINGO 1 DE DECEMBRO, ÁS 18.00 HORAS

O encontro de circo D10! trae a Salón Teatro a compañía catalá Animal Religion co espectáculo 'Fang'

[28/11/2019] O espectáculo Fang, da compañía circense Animal Religion, poderá verse este domingo día 1 no Salón Teatro de Santiago, que retomará así a súa actividade escénica tras un mes maioritariamente dedicado ás proxeccións do festival Cineuropa. A función, que terá lugar ás 18,00 h., insírese na programación da cuarta edición do Encontro de Formación e Innovación no circo D10!, que organiza Pistacatro en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG), entre outras entidades.
O 10 DE NOVEMBRO, NO AUDITORIO DE GALICIA

Voadora estrea en Santiago a ópera 'A amnesia de Clío' en coprodución coa Xunta de Galicia

Documento anexo[29/10/2019] A compañía Voadora estreará o vindeiro 10 de novembro, ás 20,30 h., en Santiago de Compostela a ópera contemporánea A amnesia de Clío, que suporá ademais o seu debut neste xénero lírico. A Consellería de Cultura e Turismo colabora con este proxecto, que conta coa participación do Centro Dramático Galego (CDG) como entidade coprodutora.
DO 30 DE OUTUBRO AO 3 DE NOVEMBRO NO SALÓN TEATRO

PT Excéntricas chega á sede do CDG con 'Cartoóns', o seu primeiro espectáculo para público familiar

[28/10/2019] Producións Teatrais Excéntricas chega esta semana ao Salón Teatro de Santiago para ofrecer cinco días de representacións do seu espectáculo Cartoóns, que supón a primeira incursión da compañía no teatro para público infantil e familiar. Trátase dunha coprodución con Teatro de Adro, que se insire ademais no catálogo de propostas co que Excéntricas está a conmemorar o décimo quinto aniversario da súa creación.
ESTARÁ NO SALÓN TEATRO DO 11 AO 21 DE DECEMBRO

A coprodución de Limiar Teatro co CDG 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol' estréase en Montevideo

Documento anexo[23/10/2019] O Centro Cultural de España en Montevideo acolle mañá a estrea de Se fosen turistas, levarían gafas de sol, unha coprodución teatral internacional promovida polas compañías galegas Limiar Teatro e Crémilo, na que participan a Xunta de Galicia, a través do Centro Dramático Galego (CDG), e outras entidades de Portugal, Arxentina e Uruguai.
HABERÁ FUNCIÓNS XERAIS E ESCOLARES DE XOVES A DOMINGO

O Salón Teatro acolle a estrea da versión en galego do espectáculo 'Desde o invisible'

Documento anexo[22/10/2019] A compañía La Quintana Teatro traerá esta semana a Santiago de Compostela Desde o invisible, a súa primeira e aplaudida produción, gañadora do premio Max a mellor espectáculo revelación en 2008 e que se representa agora en versión galega con tradución a cargo de Santiago Cortegoso. O Salón Teatro acollerá a montaxe de xoves a domingo con catro funcións para público xeral e dúas destinadas a escolares.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 | 32 | 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal