AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

HABERÁ FUNCIÓNS XERAIS E ESCOLARES DE XOVES A DOMINGO

O Salón Teatro acolle a estrea da versión en galego do espectáculo 'Desde o invisible'

Documento anexo[22/10/2019] A compañía La Quintana Teatro traerá esta semana a Santiago de Compostela Desde o invisible, a súa primeira e aplaudida produción, gañadora do premio Max a mellor espectáculo revelación en 2008 e que se representa agora en versión galega con tradución a cargo de Santiago Cortegoso. O Salón Teatro acollerá a montaxe de xoves a domingo con catro funcións para público xeral e dúas destinadas a escolares.
CRISTINA BALBOA É A CREADORA, DIRECTORA E INTÉRPRETE DESTA PERSOAL PEZA, QUE PODERÁ VERSE EN SANTIAGO DO VENRES 18 AO DOMINGO 20

Funboa Escénica estrea esta fin de semana no Salón Teatro a súa copodución co CDG 'O que segue'

Documento anexo[16/10/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario da estrea esta fin de semana de O que segue, a nova proposta da creadora Cristina Balboa, realizada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). A peza poderá verse na sede da compañía pública este venres e sábado, ás 20,30 h., e o domingo, ás 18,00 h.

O proxecto Camiño Escena Norte presenta en Santiago os espectáculos 'Como ceniza blanca sobre una hoguera' e 'Sagartu'

Documento anexo[07/10/2019] A primeira edición do proxecto Camiño Escena Norte remata esta fin de semana en Compostela presentando dous espectáculos: 'Como ceniza blanca sobre una hoguera', de La Tejedora de Sueños, o 11 de outubro no Salón Teatro, e 'Sagartu' de Hika Teatroa, o 13 na Praza da Quintana. Así concluirá esta iniciativa de intercambio promovida polas asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, que trae varios espectáculos destas Comunidades a territorio galego e leva obras galegas a estoutras rexións seguindo o ronsel do Camiño de Santiago do Norte.
'KARELU' PODE VERSE DO VENRES 27 AO DOMINGO 29

Os Náufragos Teatro chega ao noso escenario cun espectáculo sobre a educación na contorna familiar

Documento anexo[25/09/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta fin de semana a compañía galega Os Náufragos Teatro co seu último espectáculo, Karelu, no que aborda os efectos dunha educación estrita e violenta na contorna familiar, así como a perda de valores na sociedade actual. A montaxe poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) o venres 27 e o sábado 28, ás 20,30 h., e o domingo 29, ás 18,00 h.
A PEZA TIVO A SÚA ORIXE NO CICLO DO CDG 'TEATRO OB-SCENO'

O Salón Teatro acolle dúas funcións de AveLina Pérez&Velpister co espectáculo 'Deixa de tocala, Sam'

[18/09/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela ofrece esta fin de semana dúas representacións da peza 'Deixa de tocala, Sam', a cargo da creadora escénica AveLina Pérez xunto co pianista Velpister. A sede do Centro Dramático Galego exhibe así este espectáculo, ao que contribuíu a poñer en escena pola programación dunha acción curta co mesmo título dentro do seu ciclo Teatro Ob-sceno, en maio de 2018.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 | 35 | 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal