Novas
PRODUCE 'NEORRETRANCA E POSMORRIÑA' E PARTÍCIPA NOUTROS CINCO ESPECTÁCULOS EN RÉXIME DE COPRODUCIÓN
[21/01/2019] O impulso á dramaturxia galega contemporánea e a reflexión sobre a nosa identidade como pobo centran unha parte importante da nova temporada escénica do Centro Dramático Galego (CDG), que foi presentada hoxe na súa sede do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Así, arredor deste dous eixos xira a nova produción propia da compañía da Xunta, 'Neorretranca e posmorriña', que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos 'Sinfonía en sol maior ou non', de Esther Carrodeguas, e 'Boisaca ou a divina desgraza', de Roi Vidal Ponte.
'GO ON!' o venres 18 e 'D.E.P. DESCANSE EN PAZ' o sábado 19
[16/01/2019] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega:
Go On, o venres 18 ás 20,30 h., e
D.E.P. Descanse en paz, o sábado 19 á mesma hora.
'MASA MADRE + SAL MARINA', 'ESO QUE VI' E 'O QUE SEGUE'
[09/01/2019] O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, achegaralle ao público tres pezas escénicas asinadas por Proxecto Pank e Funboa Escénica. Este Ciclo Pank 2019 arrancará co espectáculo
Masa madre + Sal marina, que o binomio creativo formado por Cristina Balboa e Manuel Parra García representará este venres 11 e o sábado 12 de xaneiro, ás 20,30 h.
MAÑÁ E O VENRES NO SALÓN TEATRO
[02/01/2019] A terceira edición do ciclo
Gran teatro para os máis pequenos, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) na súa sede do Salón Teatro de Santiago, remata esta semana con dúas funcións do espectáculo
Muiñada, da compañía Galeatro. As representacións terán lugar mañá xoves, ás 19,00 h., e o venres 4, ás 12,30 h., precedidas de cadansúa sesión do taller Cántame un conto. O espazo sonoro e os contos, no que as nenas e nenos inscritos terán a oportunidade de afondar xogando en diferentes conceptos que verán a continuación sobre o escenario.
AS FUNCIÓNS COMBÍNANSE CO TALLER 'VISTO NON VISTO'
[27/12/2018] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle esta fin de semana a montaxe 'Os fabulosos cleaners', de Malasombra Producións, a segunda das tres propostas do ciclo Gran Teatro para os Máis Pequenos, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) como unha programación especial de Nadal que combina espectáculos con talleres infantís.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
| 38 |
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes