Novas
[20/12/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o seu ciclo
Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. A programación especial para estas festas desenvólvese arredor de tres espectáculos das compañías Xarope Tulú, Malasombra Producións e Galeatro, precedidos doutros tantos talleres baixo o lema común Saca a arte que levas dentro e directamente relacionados co que as nenas e nenos verán a continuación no escenario.
O SALÓN TEATRO ACOLLE CATRO PASES MATINAIS DESDE HOXE AO VENRES E OUTROS CATRO NAS TARDES DO XOVES AO DOMINGO
[11/12/2018] O equipo da compañía Inversa Teatro inicia hoxe unha estadía de seis días no Salón Teatro de Santiago para ofrecer ata o domingo oito funcións do seu espectáculo
Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas estruturais do maltrato. Marta Pérez é a autora desta proposta, construída a partir de materiais de creación colectiva, ademais de dirixila e de formar parte do seu trío interpretativo xunto a María Roja e Silvia Penas.
MAÑÁ SÁBADO, ás 20,30 H., E O DOMINGO, ÁS 18,00 H.
[07/12/2018] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu espectáculo
Casquería e outras vísceras. Irene Moreira asina a dirección e dramaturxia desta montaxe, que Olga Cameselle e Álex Sobrino interpretarán na sede do Centro Dramático Galego (CDG) mañá sábado 8, ás 20,30 h., e o domingo 9, ás 18,00 h.
A AGADIC PUBLICA HOXE A CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DE 10 ACTRICES E ACTORES
[04/12/2018] Neorretranca e posmorriña será o título da próxima produción propia do Centro Dramático Galego, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos
Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e
Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se se lle dá publicidade á convocatoria do proceso de selección das 10 actrices e actores que porán en escena o novo proxecto da compañía pública, con data de estrea prevista para o 11 de abril.
'FUTURO ANIMAL' REPRESÉNTASE O VENRES 30 E 'TODA A BELEZA DO MUNDO', O SÁBADO 1 E O DOMINGO 2
[28/11/2018] O circo e a danza centrarán a programación desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo
Futuro animal, da compañía Twisting the Balance, e o solo coreográfico
Toda a beleza do mundo, de María Move.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
| 39 |
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes