Novas
O 18 E 19 DE XULLO NO TEATRO ROMANO DA CAPITAL ESTREMEÑA
[22/03/2023] O Centro Dramático Galego viaxará por primeira vez ao Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida para representar unha das súas producións propias,
Shakespeare en Roma, que poderá verse no teatro romano da capital estremeña os días 18 e 19 de xullo. A programación completa da 69ª edición desta prestixiosa mostra foi anunciada hoxe mesmo no transcurso dun acto no que participou o director da unidade teatral da Xunta de Galicia, Fran Núñez, para dar conta do fito que estas actuacións suporán na traxectoria da compañía institucional galega a prol da proxección exterior do noso teatro e dos seus profesionais.
XOVES, VENRES E SÁBADO, ÁS 20.00 HORAS, RESPECTIVAMENTE
[21/02/2023] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela continúa coa súa actividade ao tempo que a compañía da Xunta de Galicia entra na terceira semana de representacións da súa produción propia
Shakespeare en Roma, ata o 2 de abril no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.
PODERÁ VERSE DO 9 DE FEBREIRO AO 2 DE ABRIL NO SALÓN NOBRE DO PAZO DE FONSECA, EN SANTIAGO
[07/02/2023] O Centro Dramático Galego estrea este xoves día 9 en Santiago de Compostela
Shakespeare en Roma, que en palabras do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, supón "un gran desafío artístico e de produción para dar conta da madurez e solvencia da compañía teatral da Xunta". O espectáculo ofrece un achegamento inédito e singular ás catro pezas que o gran dramaturgo inglés ambientou no Imperio Romano (
Coriolano,
Xulio César,
Antonio e Cleopatra e
Tito Andrónico), condensadas en pouco máis de dúas horas a partir de catro olladas dramatúrxicas diferentes e levadas a escena por outros tantos equipos de dirección cun mesmo elenco de oito intérpretes.
NO SALÓN TEATRO DO XOVES 26 de XANEIRO AO DOMINGO 5 DE FEBREIRO
[24/01/2023] O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrean este xoves no Salón Teatro de Santiago a súa produción A contenda dos labradores de Caldelas ou
Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (
A contenda do río Miño), versión da peza teatral escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Araúxo e da que se cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía coruñesa Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e José Estruch.
O EQUIPO RECIBIU A VISITA DO CONSELLEIRO DE CULTURA E DO REITOR DA USC
[19/01/2023] O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e mais o reitor da USC, Antonio López, visitaron o equipo do espectáculo 'Shakespeare en Roma', a nova produción do Centro Dramático Galego, para coñecer de primeira man a evolución dos ensaios que se están a desenvolver no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela. Convertido en escenario grazas ao acordo de intercambio entre a Xunta de Galicia e a universidade compostelá, este espazo acollerá tamén o período de exhibición desta proposta, que se estrea o 9 de febreiro e estará en cartel ata o 2 de abril.
Anteriores | 1
2
3
4
| 5 |
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes