Novas
TERÁN LUGAR OS XOVES TRAS A FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO
[18/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) retoma mañá as funcións para público xeral da súa nova produción propia,
Divinas Palabras Revolution, que pode verse de xoves a domingo, ata o 29 de abril, na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago. Mañá terá lugar, así mesmo, o primeiro dos dous Encontros co Público desta produción, durante os que os espectadores que asistan aos pases dos xoves terán a oportunidade de intercambiar impresións co equipo artístico do espectáculo ao remate da súa representación.
DIRIXIDA POR XRON, ESTRÉASE ESTE XOVES NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO
[10/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a estrea de
Divinas Palabras Revolution, a súa nova produción propia, que erguerá por primeira vez o pano este xoves 12, ás 21,00 h., no Salón Teatro de Santiago. Na sede da compañía pública poderá verse ata o 29 de abril, con catro funcións semanais para público xeral e pases matinais para escolares, antes de iniciar unha xira de dous meses por outros oito escenarios galegos mais o Teatro Español de Madrid.
A NOVA PRODUCIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DIRIXIDA POR XRON A PARTIR DA COÑECIDA OBRA DE VALLE-INCLÁN, OFRECERÁ 16 FUNCIÓNS PARA PÚBLICO XERAL E ESCOLAR NO SALÓN TEATRO
[01/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) encara xa a recta final da produción do seu novo espectáculo,
Divinas Palabras Revolution, que o equipo artístico e técnico continúa a ensaiar no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A estrea terá lugar o xoves día 12 neste mesmo espazo, sede da compañía pública, onde están programadas máis de dúas semanas de representacións tanto para público xeral como en campaña escolar.
Xornada de portas abertas
[23/03/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) festexará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas o martes 27 de marzo na súa sede en Santiago. A iniciativa amosaralle ao público o edificio do Salón Teatro e a súa historia, ao tempo que lles permitirá coñecer máis a fondo o día a día nos escenarios.
ESTREA, O 12 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO
[14/03/2018] Cumprido o primeiro mes de ensaios de
Divinas Palabras Revolution, o novo espectáculo que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, o seu equipo artístico e técnico avanza na materialización de todos os elementos escénicos que contribuirán a situar no tempo presente a coñecida obra de Valle-Inclán.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
| 43 |
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes