Novas
A PEZA ESCENIFÍCASE NO SALÓN TEATRO O VENRES , ÁS 20,30 H., E O SÁBADO, ÁS 19,00 H.
[03/10/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) acolle por primeira vez o coreógrafo e bailarín coruñés Javier Martín, quen participa esta semana no programa En Residencia que a compañía pública mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago. Con tal motivo, o creador está a desenvolver un intenso programa de accións formativas e actividades abertas ao público, que culminarán esta fin de semana coa posta en escena de
O estado cru.
'EXILIO DAS MOSCAS' XOVES 28 E VENRES 29 E 'TRAS TANNHÄUSER' SÁBADO 30 E DOMINGO 1
[26/09/2017] Os integrantes de Feira do Leste, nova compañía galega de teatro experimental e novas dramaturxias, traballan esta semana no Salón Teatro de Santiago dentro do programa de residencias do Centro Dramático Galego. A súa estadía na sede da compañía pública culminará coa representación dos seus dous espectáculos:
Exilio das moscas, que poderá verse o xoves 28 e o venres 29, ás 20,30 h., e
Tras Tannhäuser, que subirá a escena o sábado 30, ás 20,30 h,. e o domingo 1, ás 18,00 h.
‘CORPO E VIBRACIÓN’ É O TÍTULO DESTE OBRADOIRO, QUE TERÁ LUGAR O 4 DE OUTUBRO NO SALÓN TEATRO
[19/09/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) e o coreógrafo Javier Martín organizan o taller de movemento
Corpo e vibración, que terá lugar o 4 de outubro no Salón Teatro de Santiago e para o que xa está aberto o prazo de inscrición. Esta actividade, ofrecida en colaboración cos encontros Arredor do son do festival Curtocircuíto e co programa de formación audiovisual Galicia ProFilme da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), insírese na serie de accións que o creador coruñés levará a cabo esa mesma semana na sede compostelá da compañía pública e que culminarán os días 6 e 7 coa posta en escena da súa montaxe
O estado cru.
A COMPAÑÍA PÚBLICA COPRODUCE CON A PANADARÍA E IMPLÍCASE NOS PROCESOS DE MONTAXE DE FEIRA DO LESTE, JAVIER MARTÍN E ANÓMICO TEATRO
[13/09/2017] O Salón Teatro de Santiago retoma a súa actividade para a temporada 2017-2018 co novo programa de residencias do Centro Dramático Galego (CDG), no que participan ata finais de outubro catro compañías galegas para a montaxe de cinco espectáculos. O proceso de creación de Elisa e Marcela, a cargo de A Panadaría en coprodución co CDG, é o primeiro en ocupar o escenario sede da compañía pública. Seguiranlle Feira do Leste con O exilio das moscas e Tras Tannhäuser, Javier Martín con O estado cru e Anómico Teatro con Chuvia.
BAIXO O TÍTULO ‘A TRAVÉS DO AIRE’, O CREADOR DESENVOLVE ATA O 28 DE XULLO NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO CATRO SESIÓNS SOBRE O TRABALLO CORPORAL POSTO AO SERVIZO DA INTERPRETACIÓN
[26/07/2017] O Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do Centro Dramático Galego (CDG), acolle ata o vindeiro 28 de xullo o taller titulado
A través do aire, a cargo do creador e bailarín Daniel Abreu e centrado no adestramento físico específico para actores e actrices.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
| 47 |
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes