Novas
O ESCENARIO DO CDG PROGRAMA A PARTIR DE MAÑÁ E ATA O DOMINGO ESTA MONTAXE QUE COMBINA HUMOR, DEMENCIA, TEATRO FÍSICO E VENTRILOQUÍA
[04/05/2017] O creador compostelán Diego Anido ocupará esta fin de semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde representará o espectáculo
Symon Pédícrí. A primeira función levarase a cabo mañá ás 20,30 h. e haberá outros dous pases o sábado 6, á mesma hora, e o domingo 7, ás 18,00 h., como parte da programación de temporada do Centro Dramático Galego (CDG).
NO TEATRO MUNICIPAL, ESTE VENRES DÍA 5 ÁS 21,30 H.
[03/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) representará o espectáculo Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, este venres día 5 ás 21,30 h. no Teatro Municipal de Tui, primeira parada da xira que inclúe tamén outros sete escenarios de Galicia e Valencia. A nova produción da compañía pública, integrada polas primeiras versións en galego dos esperpentos
As galas do defunto e
A filla do capitán, está dirixida pola creadora pontevedresa Marta Pazos e interpretada por un elenco de 10 actores e actrices.
A CARTELEIRA COMPLETA COMEZA HOXE NA SALA ROBERTO VIDAL BOLAÑO E DESENVOLVERASE TAMÉN NO TEATRO PRINCIPAL PARA OFRECER UN TOTAL DE 12 ESPECTÁCULOS MONTADOS POLAS COMPAÑÍAS TEATRAIS DOS DISTINTOS CAMPUS GALEGOS
[27/04/2017] A Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar un ano máis en Santiago de Compostela co Salón Teatro como un dos seus escenarios, xa que a partir de mañá e ata o 4 maio a sede do Centro Dramático Galego (CDG) recibirá sete espectáculos desta carteleira.
ROBERTO LEAL E XOSÉ LUÍS BERNAL "FARRUCO" INTERPRETAN ESTE "ESPECTÁCULO DE PETO" DE TEATRO EN PUNTO, QUE PODE VERSE EN SANTIAGO DO VENRES 28 AO DOMINGO 30 CUNHA CAPACIDADE LIMITADA A 12 PERSOAS
[26/04/2017] Unha rosa entre as pernas é o título da peza que Teatro en Punto representará do venres 28 ao domingo 30 nos camerinos do Salón Teatro de Santiago, que se abren ao público para acoller esta montaxe que a propia compañía define como "teatro de peto". A proposta interpretada por Roberto Leal e Xosé Luís Bernal "Farruco" dará paso á nova carteleira trimestral da sede do Centro Dramático Galego (CDG), na que figuran unha ducia de títulos e programas escénicos e cinematográficos.
SEIS CENTROS EDUCATIVOS TEÑEN CONFIRMADA A SÚA ASISTENCIA A ESTAS REPRESENTACIÓNS NO SALÓN TEATRO
[24/04/2017] O espectáculo do Centro Dramático Galego
Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, remata esta semana a súa primeira quenda de representacións no Salón Teatro de Santiago con catro pases matinais. Estas funcións, programadas desde hoxe e ata o xoves 27 ás 10.30 horas, forman parte da campaña escolar que desenvolve a compañía pública para alumnado de máis de 16 anos de idade e para a que xa está confirmada a participación de seis centros educativos.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
| 51 |
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes