AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

HOXE PRESENTOUSE AOS MEDIOS NO CAFE-BAR DERBY, UN DOS LUGARES FRECUENTADOS POR VALLE-INCLÁN EN SANTIAGO

A versión en galego de 'Martes de Carnaval' sube por primeira vez a escena este xoves da man do CDG

Documento anexo[18/04/2017] O Café Bar Derby de Santiago, un dos lugares frecuentados por Ramón María del Valle-Inclán durante a súa estadía en Compostela, acolleu hoxe a presentación de Martes de Carnaval, a produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 20, ás 21.00 horas, na súa sede do compostelán Salón Teatro. Será a primeira ocasión na que soen en galego sobre un escenario as obras de Valle As galas do defunto e A filla do capitán, que integran a proposta da compañía da Xunta de Galicia e reúnen os elementos característicos do esperpento desenvolvido polo gran autor arousán.
ESTRÉASE O XOVES 20 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O CDG ultima 'Martes de Carnaval' cun equipo de recoñecidos profesionais de toda a península

[15/04/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) ultima os ensaios de Martes de Carnaval, a nova produción que a compañía teatral da Xunta de Galicia estrea o vindeiro xoves 20 na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Será a primeira vez que se poñan en escena en galego os esperpentos de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán, as dúas pezas do espectáculo, dirixido por Marta Pazos (na imaxe), cun elenco de 10 intérpretes e un equipo artístico de 13 recoñecidos profesionais de toda a Península.
O ESPECTÁCULO ESTRÉASE O 20 DE ABRIL EN SANTIAGO E VIAXARÁ Á COMUNIDADE VALENCIANA EN XUÑO DENTRO DA SÚA XIRA

O CDG levará 'Martes de Carnaval' en galego ao Festival Tercera Setmana de Valencia

[09/04/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) está a preparar a xira que desenvolverá coa súa nova produción, ‘Martes de Carnaval’, ao tempo que ultima os ensaios cara á estrea o 20 de abril no Salón Teatro de Santiago da que será a primeira montaxe en galego das pezas de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’. O Festival Tercera Setmana de Valencia xa está confirmado como un dos destinos do espectáculo, dirixido por Marta Pazos, que se exhibirá o 11 de xuño no Teatro Principal valenciano na súa versión orixinal galega con sobretítulos.
UN TOTAL DE 75 PERSOAS PARTICIPAN NA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O CDG amosa a súa sede e os ensaios de 'Martes de Carnaval' con motivo do Día Mundial do Teatro

[27/03/2017] O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, compartiron hoxe a celebración do Día Mundial do Teatro na xornada de portas abertas que está a levar a cabo o Centro Dramático Galego na súa sede do Salón Teatro de Santiago de Compostela.


NO SALÓN TEATRO O LUNS 27 DE MARZO

O CDG celebrará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas na súa sede de Santiago

[21/03/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá coa cidadanía a celebración do Día Mundial do Teatro, que terá lugar o vindeiro luns 27 de marzo, cunha xornada de portas abertas na súa sede do Salón Teatro, en Santiago. Esta acción divulgativa busca achegarlle ao público tanto a historia deste edificio da zona monumental de Compostela, como as engrenaxes que se poñen en marcha tras o pano cara á escenificación dun espectáculo.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 | 52 | 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal