AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas


O CDG apoia a participacion de Santiago Cortegoso no torneo de dramaturxia do Teatro Español de Madrid

Documento anexo[05/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co I Torneo de Dramaturgia do Teatro Español de Madrid para apoiar a participación do galego Santiago Cortegoso como un dos oito dramaturgos desta experiencia lúdica, que arranca esta mesma noite na Sala Margarita Xirgu co obxectivo de darlle visibilidade aos autores teatrais.
O ESCENARIO DO CDG PROGRAMA A PARTIR DE MAÑÁ E ATA O DOMINGO ESTA MONTAXE QUE COMBINA HUMOR, DEMENCIA, TEATRO FÍSICO E VENTRILOQUÍA

O Salón Teatro acolle o espectáculo 'Symon Pédícrí', do creador compostelán Diego Anido

Documento anexo[04/05/2017] O creador compostelán Diego Anido ocupará esta fin de semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde representará o espectáculo Symon Pédícrí. A primeira función levarase a cabo mañá ás 20,30 h. e haberá outros dous pases o sábado 6, á mesma hora, e o domingo 7, ás 18,00 h., como parte da programación de temporada do Centro Dramático Galego (CDG).
NO TEATRO MUNICIPAL, ESTE VENRES DÍA 5 ÁS 21,30 H.

'Martes de Carnaval' inicia en Tui unha xira por oito escenarios de Galicia e Valencia

Documento anexo[03/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) representará o espectáculo Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, este venres día 5 ás 21,30 h. no Teatro Municipal de Tui, primeira parada da xira que inclúe tamén outros sete escenarios de Galicia e Valencia. A nova produción da compañía pública, integrada polas primeiras versións en galego dos esperpentos As galas do defunto e A filla do capitán, está dirixida pola creadora pontevedresa Marta Pazos e interpretada por un elenco de 10 actores e actrices.
A CARTELEIRA COMPLETA COMEZA HOXE NA SALA ROBERTO VIDAL BOLAÑO E DESENVOLVERASE TAMÉN NO TEATRO PRINCIPAL PARA OFRECER UN TOTAL DE 12 ESPECTÁCULOS MONTADOS POLAS COMPAÑÍAS TEATRAIS DOS DISTINTOS CAMPUS GALEGOS

O Salón Teatro acolle sete funcións da XVIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Documento anexo[27/04/2017] A Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar un ano máis en Santiago de Compostela co Salón Teatro como un dos seus escenarios, xa que a partir de mañá e ata o 4 maio a sede do Centro Dramático Galego (CDG) recibirá sete espectáculos desta carteleira.
ROBERTO LEAL E XOSÉ LUÍS BERNAL "FARRUCO" INTERPRETAN ESTE "ESPECTÁCULO DE PETO" DE TEATRO EN PUNTO, QUE PODE VERSE EN SANTIAGO DO VENRES 28 AO DOMINGO 30 CUNHA CAPACIDADE LIMITADA A 12 PERSOAS

Os camerinos do Salón Teatro ábrense ao público coa peza 'Unha rosa entre as pernas'

Documento anexo[26/04/2017] Unha rosa entre as pernas é o título da peza que Teatro en Punto representará do venres 28 ao domingo 30 nos camerinos do Salón Teatro de Santiago, que se abren ao público para acoller esta montaxe que a propia compañía define como "teatro de peto". A proposta interpretada por Roberto Leal e Xosé Luís Bernal "Farruco" dará paso á nova carteleira trimestral da sede do Centro Dramático Galego (CDG), na que figuran unha ducia de títulos e programas escénicos e cinematográficos.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 | 53 | 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal