Novas
AS FUNCIÓNS PARA PÚBLICO XERAL SERÁN VENRES, SÁBADO E DOMINGO
[07/02/2017] A compañía do creador e intérprete Xurxo Cortázar ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde estreará o espectáculo ‘Desconexión’ o venres día 10 ás 20.30 h e levará a cabo dúas funcións máis o sábado 11 (tamén ás 20.30 h) e o domingo 12 (ás 18.00 h). Serán as primeiras representacións para público xeral desta montaxe, que conta con dramaturxia e dirección de Santiago Cortegoso, como remate ao traballo técnico-artístico que está a desenvolver dentro do programa de residencias do Centro Dramático Galego (CDG).
TRÁTASE DUNHA COEDICIÓN ENTRE EDICIÓNS POSITIVAS E A AGADIC
[26/01/2017] A versión ao galego do ‘Tartufo’ de Molière é o primeiro número da nova colección de libros ‘O papel do teatro’, promovida polo Centro Dramático Galego (CDG) e realizada en réxime de coedición entre Edicións Positivas e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
DO XOVES 26 AO DOMINGO 29
[25/01/2017] ‘Daniel Faria’ é o título do segundo espectáculo do programa de coproducións do Centro Dramático Galego 2016-2017 que, da man do creador vigués establecido en Portugal Pablo Fidalgo, lle achega ao público a figura deste autor e monxe luso, considerado un dos mellores poetas do século XX do seu país. A peza, estreada en Lisboa a semana pasada, chega agora a Santiago para ofrecer catro funcións no Salón Teatro desde mañá e ata o sábado, ás 20.30 h, e o domingo, ás 18.00 h.
O PÚBLICO PODERÁ VER O ESPECTÁCULO ESTA FIN DE SEMANA
[16/01/2017] O espectáculo ‘Política de terra queimada’ ocupará durante toda esta semana o escenario do Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde desenvolverá cinco xornadas de residencia que culminarán con dúas representacións diante do público o sábado e mais o domingo. Este proxecto escénico da compañía galega Santa Nómina en coprodución coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia abre o plan de residencias de 2017 do Centro Dramático Galego (CDG), ao que se sumarán este ano outros tres títulos: ‘Desconexión’, ‘Tropical’ e ‘Elisa e Marcela’.
DO XOVES 12 AO DOMINGO 15
[11/01/2017] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) para a temporada 2016-2017 achega esta semana a Santiago unha versión contemporánea de ‘O conto de inverno’, de William Shakespeare, que sitúa a acción entre os reinos de Galicia e Portugal. A compañía de Guimarães Teatro Oficina encabeza esta produción na que, ademais do CDG, tamén participan a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o Teatro Aveirense.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
| 54 |
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes