Novas
NO AUDITORIO AFUNDACIÓN, ESTE VENRES 25, ÁS 20.30 HORAS
[23/11/2016] Pontevedra é a próxima parada na xira que o Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver con ‘Tartufo’, a súa última produción propia, que representará o vindeiro venres 25, ás 20.30 horas, no Auditorio Afundación. A compañía pública galega entra así no ecuador do percorrido deste espectáculo por un total de nove localidades, tras a estrea e temporada de exhibición na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela.
O SÁBADO E O DOMINGO, Ás 20.30 HORAs
[27/10/2016] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa desenvolvendo a xira galega do seu último espectáculo, ‘Tartufo’, que esta fin de semana chegará á Coruña para ofrecer dúas funcións no Teatro Rosalía Castro o sábado 29 e o domingo 30, ás 20.30 horas.
O ESPECTÁCULO, DE ENTRADA LIBRE, TERÄ LUGAR MAÑÁ ÁS 20.30 H EN FORMATO CONCERTO-CONVERSA
[26/10/2016] O Salón Teatro de Santiago será mañá, ás 20.30 horas, o escenario dun espectáculo especial no que música e pensamento se unirán para conmemorar o centenario da primeira visita de Federico García Lorca a Galicia. Con tal motivo, o guitarrista Samuel Diz presentará en directo o seu traballo discográfico ‘Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca’, en diálogo co hispanista Ian Gibson, un dos maiores coñecedores da vida e obra do autor granadino.
DO 29 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
[25/10/2016] O Festival Agustín Magán regresa un ano máis a Santiago de Compostela cunha mostra do teatro amador que veñen realizando en Galicia os grupos afeccionados. Os próximos días 29, 30 e 31 de outubro, e o 1 de novembro, o Salón Teatro e o Teatro Principal acollerán a representación das obras finalistas da décimo quinta edición do festival, unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación -a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)- e que conta tamén co apoio do Concello de Santiago de Compostela.
HOXE PRESENTOUSE A NOVA PROGRAMACIÓN DO TEATRO MUNICIPAL
[04/10/2016] O Concello de Tui presentou hoxe a súa carteleira teatral deste outono, para a que conta co Centro Dramático Galego (CDG), que iniciará no Teatro Municipal tudense a xira do espectáculo ‘Tartufo’, e con sete actuacións inseridas na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
| 58 |
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes