Novas
BAIXO A DIRECCIÓN DE QUICO CADAVAL
[22/11/2022] A compañía compostelá Producións Teatrais Excéntricas é a gañadora do III Certame Manuel María de proxectos teatrais con
O auto do Castromil, que levará a escena en coprodución coa Xunta de Galicia, a través do Centro Dramático Galego, tal e como recollen as bases deste concurso bienal organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
O ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR TITO ASOREY REPRESÉNTASE NO PAZO DA CULTURA O VINDEIRO LUNS CUNHA FUNCIÓN INCLUSIVA
[29/10/2022] Recortes, caneos e outras formas de driblar, o espectáculo do Centro Dramático Galego e Ainé sobre a cara oculta do mundo do fútbol, atoparase o vindeiro luns 31 co público de Carballo na función de peche do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). A representación, que contará co sistema inclusivo de linguaxe de signos e audiodescrición posto en práctica pola compañía pública, será ás 21,00 h. no Pazo da Cultura carballés e con ela arrancará a xira galega que inicialmente levará esta produción por 11 escenarios ata febreiro de 2023.
MAÑÁ PRESÉNTASE A 'ANTOLOXÍA DE TEATRO GALEGO CONTEMPORÁNEO'
[24/10/2022] O Salón Teatro será por segundo ano consecutivo o escenario do ciclo
Quintas do Camões, que dá comezo mañá baixo a organización compartida entre o Centro Dramático Galego e o
Centro Cultural Portugués do Instituto Camões en Vigo. O programa deste ano volve poñer o foco nas raíces comúns dos idiomas galego e portugués, ademais de incidir no papel do teatro como espazo para o encontro cultural.
O DOMINGO 16 NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO
[13/10/2022] O espectáculo galego-turco
Tolo chega esta fin de semana a Galicia tras a súa recente estrea no Festival Internacional de Teatro de Maltepe, en Istambul, onde acaba de ser recoñecido co premio especial do xurado. O Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe coproducen esta montaxe da compañía galega Cinema Sticado e a turca Tíyatro Eksen, que poderá verse no Teatro Principal de Santiago de Compostela o domingo 16, ás 20,00 h., dentro da programación do Festival Internacional Galicreques.
O novo proxecto abre a temporada escénica 2022-2023 da unidade teatral da Xunta
[20/09/2022] O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, e Ainé Producións estrearán o próximo 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Recortes, caneos e outras formas de driblar, espectáculo que abordará tanto a dimensión visible como a cara oculta do mundo do fútbol. O espectáculo mestura xornalismo, deporte e teatro nunha proposta escénica que xorde dun libro aínda inédito de Nacho Carretero. Tito Asorey será o responsable de dirixir a peza, que conta coa dramaturxia de José L. Prieto.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
| 7 |
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes