Novas
O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESIDIU HOXE A PRESENTACIÓN DESTE PRIMEIRO PLAN DESEÑADO POR FEFA NOIA COMO DIRECTORA DA COMPAÑÍA PÚBLICA
[18/05/2016] O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe os eixos que marcarán o seu programa de actividade ata finais de ano, o primeiro deseñado por Fefa Noia como directora da compañía teatral da Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu este acto no que se anunciou que ‘Tartufo’, de Molière, será a próxima produción propia do CDG, que coproducirá así mesmo ‘O conto de inverno’ e ‘Vida e morte de Daniel Faria’ e porá en marcha o novo programa ‘Dramaturxente’ para impulsar a posta en escena de autores galegos contemporáneos.
O CDG ORGANIZA UN PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS EN SEIS QUENDAS AO LONGO DO MARTES 17 DE MAIO
[12/05/2016] A sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago acollerá o vindeiro martes 17 de maio unha xornada especial de portas abertas co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Manuel María. Con tal motivo, a carteleira do edificio lucirá ademais unha cita do escritor chairego, xunto coa información práctica da actividade.
O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DESENVOLVERASE EN BRAGA OS DÍAS 13 E 14 DE MAIO
[10/05/2016] No ano en que celebra o seu 40º aniversario, o Instituto de Letras e Ciencias Humanas (ILCH) da Universidade do Minho está a conmemorar a efeméride cun amplo programa, dirixido á comunidade académica e ao público xeral co tema dos ‘Camiños’ como eixo temático.
AS FUNCIÓN TERÁN LUGAR DO XOVES AO SÁBADO, Ás 20.30 H, E O DOMINGO, ÁS 18.00 HORAS
[09/05/2016] A compañía Talía Teatro chega esta semana ao Salón Teatro co seu último espectáculo, ‘Foucellas’, que poderá verse en Santiago do xoves 12 ao domingo 15. Como actividade complementaria a estas representacións, a sede do Centro Dramático Galego (CDG) acollerá mañá martes, ás 20.30 horas, un coloquio arredor da figura deste famoso maquis galego.
O LUNS 9 DE MAIO, ÁS 21.00 HORAS
[07/05/2016] O cantautor ourensán Emilio Rúa actuará o vindeiro luns día 9, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo o seu último álbum, ‘Querida alegría’, no que se mesturan temas inéditos con adaptacións de cancións incluídas noutros dos seus traballos discográficos, así como revisións de composicións populares.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
| 61 |
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes