Novas
ESTE DOMINGO 3, ÁS 19.00 HORAS
[01/04/2016] A danza ocupará este domingo, ás 19.00 horas, o escenario do Salón Teatro de Santiago con ‘Invisible Wires’, proposta da compañía galega La Macana que conta coa participación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) como entidade coprodutora. A sede do Centro Dramático Galego (CDG) é un dos espazos incluídos na xira galega deste espectáculo internacional que, tras a súa estrea o pasado 11 de marzo no Tanzhaus de Düsseldorf (Alemaña), se representa hoxe no Teatro Rosalía Castro da Coruña e mañá sábado, no Pazo da Cultura de Carballo.
O VENRES 1 E O SÁBADO 2, ÁS 22.00 HORAS
[30/03/2016] O Salón Teatro, espazo compostelán da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, é un dos cinco escenarios que acollen este ano a nova edición do ciclo Santiautor, dentro do que este venres día 1 actuará o dúo coruñés Escuchando Elefantes e o sábado 2 farao a cantautora Adriana Moragues xunto á poetisa Elvira Sastre. Ambos os concertos están programados para as 22.00 horas.
SERÁ UN LABORATORIO DE CREACIÓN CON DEZ INTÉRPRETES
[16/03/2016] A sala de teatro madrileña LaZonaKubik desenvolve ata o vindeiro 22 de marzo un taller-laboratorio de creación para actores e actrices arredor da obra do autor xaponés Shiro Maeda, quen conducirá o encontro xunto coa directora do Centro Dramático Galego (CDG), Fefa Noia.
ESTE SÁBADO 12, Ás 21.00 HORAS
[10/03/2016] Xosé Constenla actuará este sábado 12, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo os temas de ‘Virada por avante’, o seu novo disco. O cantautor compostelán regresa así ao mesmo escenario que en 2013 acollera a gravación en directo de ‘Sinecismo’, o seu anterior traballo, que tamén presentou diante do público na sede do Centro Dramático Galego.
O VENRES 4 E O SABADO 5, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 6, ÁS 18.00 H
[02/03/2016] O teatro galego continúa a ser o protagonista da carteleira do Salón Teatro de Santiago, que esta fin de semana recibe a compañía viguesa Artello Teatro co seu espectáculo ‘Non toques os meus círculos’. A montaxe, dirixida por Rosa Hurtado e interpretada por Santi Montenegro, poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) o venres 4 e o sábado 5, ás 20.30 horas, e o domingo 6, ás 18.00 horas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
| 63 |
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes