AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O LUNS 9 DE MAIO, ÁS 21.00 HORAS

O cantautor ourensán Emilio Rúa presenta en concerto no Salón Teatro os temas de 'Querida alegría', o seu novo disco

Documento anexo[07/05/2016] O cantautor ourensán Emilio Rúa actuará o vindeiro luns día 9, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo o seu último álbum, ‘Querida alegría’, no que se mesturan temas inéditos con adaptacións de cancións incluídas noutros dos seus traballos discográficos, así como revisións de composicións populares.
Do XOVES 5 AO SÁBADO 7, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 8, ÁS 18.00 H

Voadora reestrea 'Calypso' no Salón Teatro antes de iniciar unha xira por cinco cidades de toda España

Documento anexo[03/05/2016] A compañía compostelá Voadora ocupa esta semana o escenario do Salón Teatro de Santiago para a reestrea do seu espectáculo ‘Calypso’, co que en xuño iniciará unha xira estatal durante a que se representará en Valencia, Santa Cruz de Tenerife, Bilbao, Sevilla e Madrid. A formación de Marta Pazos, Jose Díaz e Hugo Torres permanecerá na sede do Centro Dramático Galego (CDG) desde mañá e ata o domingo para ofrecer unha función matinal concertada con centros de ensino teatral (mércores 4, 11.30 h) e catro para público xeral (xoves 5, venres 6 e sábado 7, ás 20.30 h, e domingo 8, ás 18.00).
A DIRECTORA DO CDG, FEFA NOIA, FÍXOLLE ENTREGA DO GALARDÓN

Avelina Pérez gaña o III Premio 'Pegada' de Teatro Radiofónico, organizado pola ESAD coa colaboración da Agadic

Documento anexo[27/04/2016] A autora Avelina Pérez, co texto ‘Eu controlo’, é a gañadora da terceira edición do Premio ‘Pegada’ de Teatro Radiofónico, organizado pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, fíxolle entrega hoxe do galardón no transcurso da xornada de actividades durante a que a ESAD está a celebrar os días mundiais do teatro e a danza.
O PROGRAMA ESTÉNDENSE ATA O 1 DE MAIO CON FUNCIÓNS DIARIAS GRATUÍTAS

O Salón Teatro exhibe 11 espectáculos no marco da XVII Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Documento anexo[20/04/2016] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle a partir de mañá e ata o 1 de maio un total de once espectáculos producidos por distintas compañías que funcionan durante o curso académico nas tres universidades galegas, e que forman parte do programa da XVII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
CARLOS ÁLVAREZ-OSSORIO ADAPTA E DIRIXE UN TEXTO DE NEIL LABUTE

A comedia negra 'A forma das cousas' represéntase esta fin de semana con dúas funcións no Salón Teatro

Documento anexo[14/04/2016] ‘A forma das cousas’, a primeira comedia teatral da produtora La Yogurtera SL, con dirección e adaptación de Carlos Álvarez-Ossorio sobre o texto do estadounidense Neil Labute, chega ao Salón Teatro de Santiago esta fin de semana con dúas funcións: o sábado, 16 de abril, ás 20.30 horas e o domingo, ás 18.00 horas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 | 64 | 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal