Novas
ESTE VENRES 8 DE XANEIRO, ÁS 20.30 HORAS
[06/01/2016] O Salón Teatro de Santiago abre a súa carteleira de 2016 coa estrea este venres día 8 da montaxe ‘Querido Tomás’, primeira adaptación teatral da novela homónima de Xosé Neira Vilas. Con esta función, programada para as 20.30 horas, culmina o proxecto posto en marcha por Noelia Toledano xunto ao propio Neira Vilas e que agora se presenta ao público como homenaxe ao autor de Vila de Cruces, falecido o pasado 27 de novembro.
PAULA QUINTAS E MARTA ALONSO INTERPRETAN ESTA PROPOSTA DE TRASPEDIANTE PARA TODOS OS PÚBLICOS
[29/12/2015] A compañía TrasPediante, co espectáculo de danza-circo ‘Up2Down’, ofrecerá mañá 30 de decembro ás 18:00 horas a última representación de 2015 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rematará coa estrea desta montaxe dirixida a todos os públicos unha intensa carteleira anual que estivo conformada por 210 funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.
OCUPARÁ O POSTO DE COORDINADORA DO DEPARTAMENTO DE PRODUCIÓN TEATRAL DA AGADIC
[21/12/2015] O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acordou a contratación da compostelá Fefa Noia (María José Noya Ansede) para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe, entre outras funcións, a de dirixir o Centro Dramático Galego.
'A TROPA TRAPALLEIRA' PODERÁ VERSE DO VENRES 18 AO DOMINGO 20, ÁS 18.00 H
[16/12/2015] A nova compañía compostelá BocAberta representará esta fin de semana no Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o seu último espectáculo, ‘A tropa trapalleira’, unha comedia para público familiar que poderá verse neste espazo de Santiago do venres 18 ao domingo 20, ás 18.00 horas.
MAÑÁ VENRES E O SABADO, ÁS 20.30 HORAS
[10/12/2015] O novo circo preséntase na carteleira de decembro do Salón Teatro de Santiago da man da compañía galega Pistacatro e do seu espectáculo ‘Desperta!’, que poderá verse mañá venres 11 e o sábado 12, ás 20.30 horas, no escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A montaxe, da que onte e hoxe se ofreceron pases matinais para escolares, chega a Compostela como última parada dunha xira de outono durante a que tamén se representou en Outes, Cee, Burela, Lalín e Vilalba.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
| 65 |
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes