AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ÁS 20.30 HORAS NO SALÓN TEATRO

A Escola da Noite de Coimbra presenta mañá en Santiago 'A canoa', versión portuguesa da obra de Cándido Pazó 'A piragua'

Documento anexo[27/01/2016] O Salón Teatro de Santiago recibe mañá xoves a compañía lusa A Escola da Noite, de Coimbra, para a presentación en Galicia do seu espectáculo ‘A canoa’, versión portuguesa da obra de Cándido Pazo ‘A piragua’ que o Centro Dramático Galego (CDG) estreara en 2007. O autor galego é tamén o director desta montaxe, que se representa ás 20.30 horas.
ESTE VENRES 8 DE XANEIRO, ÁS 20.30 HORAS

A primeira adaptación teatral de 'Querido Tomás', de Xosé Neira Vilas, abre a carteleira de 2016 do Salón Teatro

[06/01/2016] O Salón Teatro de Santiago abre a súa carteleira de 2016 coa estrea este venres día 8 da montaxe ‘Querido Tomás’, primeira adaptación teatral da novela homónima de Xosé Neira Vilas. Con esta función, programada para as 20.30 horas, culmina o proxecto posto en marcha por Noelia Toledano xunto ao propio Neira Vilas e que agora se presenta ao público como homenaxe ao autor de Vila de Cruces, falecido o pasado 27 de novembro.
PAULA QUINTAS E MARTA ALONSO INTERPRETAN ESTA PROPOSTA DE TRASPEDIANTE PARA TODOS OS PÚBLICOS

O Salón Teatro despide mañá unha carteleira anual de 210 funcións coa estrea do espectáculo de danza-circo 'Up2Down'

Documento anexo[29/12/2015] A compañía TrasPediante, co espectáculo de danza-circo ‘Up2Down’, ofrecerá mañá 30 de decembro ás 18:00 horas a última representación de 2015 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rematará coa estrea desta montaxe dirixida a todos os públicos unha intensa carteleira anual que estivo conformada por 210 funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.
OCUPARÁ O POSTO DE COORDINADORA DO DEPARTAMENTO DE PRODUCIÓN TEATRAL DA AGADIC

A directora e dramaturga compostelá Fefa Noia será a nova responsable do Centro Dramático Galego

Documento anexo[21/12/2015] O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acordou a contratación da compostelá Fefa Noia (María José Noya Ansede) para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe, entre outras funcións, a de dirixir o Centro Dramático Galego.
'A TROPA TRAPALLEIRA' PODERÁ VERSE DO VENRES 18 AO DOMINGO 20, ÁS 18.00 H

A compañía BocAberta reflexiona sobre a tolerancia na comedia para público familiar que representa esta fin de semana no Salón Teatro

Documento anexo[16/12/2015] A nova compañía compostelá BocAberta representará esta fin de semana no Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o seu último espectáculo, ‘A tropa trapalleira’, unha comedia para público familiar que poderá verse neste espazo de Santiago do venres 18 ao domingo 20, ás 18.00 horas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 | 67 | 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal