Novas
MAÑÁ MÉRCORES 10, O XOVES 11 E O VENRES 12, RESPECTIVAMENTE. ÁS 21:00 HORAS
[09/06/2015] Uxía e Fran Pérez ‘Narf’ serán os encargados de abrir mañá mércores a programación musical que se desenvolverá esta semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde estrearán en directo os temas de ‘Baladas da Galiza imaxinaria’, o seu primeiro disco conxunto. Tras este concerto, o espazo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá outras dúas actuacións musicais: a do Roberto Sobrado Grupo o xoves 11 e a de Carmen Boza o venres 12. As tres citas serán ás 21.00 horas.
O VENRES 5 E O SÁBADO 6 DE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS
[03/06/2015] Redrum Teatro conclúe esta fin de semana a xira do seu espectáculo ’Amor flexible’, do que ofrecerá dúas derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago este venres 5 e o sábado 6, ás 21.00 horas. A sede do Centro Dramático Galego será a última parada no percorrido que a compañía compostelá vén desenvolvendo desde hai máis dun ano con esta comedia de enredo, interpretada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo.
MAÑÁ VENRES, ÁS 17.30 HORAS, E O SÄBADO, ÁS 20.30 HORAS
[28/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa chega a Santiago de Compostela para representar mañá venres e o sábado 30 no Teatro Principal a obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Saxo Tenor’, ‘Sax Tenor’ na súa versión portuguesa. Esta produción, a primeira que o principal teatro público do país veciño realiza a partir dunha obra galega, forma parte do acordo que o TNDM II mantén co Centro Dramático Galego (CDG) para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias.
O ESPECTÁCULO REPRESENTARASE NO TEATRO NACIONAL D. MARIA II ATA O DOMINGO
[28/05/2015] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta noite á representación de ‘Xardín suspenso’ en Lisboa, un acto que pon o punto e final a dous meses de xira por Galicia. Dende o pasado marzo, o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería, levou esta montaxe -dirixida por Cándido Pazó a partir da obra do dramaturgo portugués Abel Neves- por unha decena de concellos galegos. Santiago, Narón, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Pontevedra, Vigo, Tui, Rianxo, Ourense e A Coruña acolleron as diferentes funcións deste recoñecido drama luso.
O TEATRO NACIONAL D. MARIA II ACOLLEU A PROXECCIÓN DE 'DOENTES'
[27/05/2015] O director do Centro Dramático Galego (CDG), Manuel Guede Oliva, reivindicou en Lisboa a figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño como paradigma do diálogo cultural posible entre Galicia e Portugal. Fíxoo no marco do ciclo ‘Portugal-Galicia: escenarios para un encontro’ que a pasada noite celebrou a súa última xornada no Teatro Nacional D. Maria II (TNDMII) coa proxección de ‘Doentes’, filme dirixido por Gustavo Balza en 2011 a partir da obra homónima do autor compostelán.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
| 68 |
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes