AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PABLO DÍAZ E BANDA TIC TAC TOC OFRECEN UN CONCERTO PARA PÚBLICO FAMILIAR MAÑÁ SÁBADO, ÁS 12.00 HORAS

O Salón Teatro pecha a súa programación ata finais de ano con 28 representacións escénicas e musicais en cartel

Documento anexo[16/10/2015] A carteleira despregada no Salón Teatro para este último trimestre do ano recolle 28 novas representacións escénicas e musicais, que darán comezo mañá sábado, ás 12.00 horas, co concerto para público infantil de Pablo Díaz e Banda Tic Tac Toc dentro do I Festival Premios Martín Códax da Música. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será tamén unha das sedes doutras destacadas citas culturais da capital de Galicia, como as Xornadas de Música Contemporánea, o mercado Galicia Escena PRO, Cineuropa e o Festival de Teatro Amador Agustín Magán.
O SÁBADO 3 E O DOMINGO 4, ÁS 18.00 HORAS

Talía estrea esta fin de semana no Salón Teatro o espectáculo infantil 'Rosa caramelo e outras historias'

Documento anexo[30/09/2015] Talía Teatro presentou hoxe en Santiago a súa nova proposta para público infantil, ‘Rosa caramelo e outras historias’, que estrea esta fin de semana no Salón Teatro. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá o sábado 3 e o domingo 4 de outubro, ás 18.00 horas, as dúas primeiras funcións deste espectáculo, construído a partir de catro coñecidos relatos da autora italiana Adela Turín que lles dan a volta aos roles e estereotipos de xénero.
ESCENIFICARANSE 'MICRO IMPACTOS' E 'SEXUS 3'

O Salón Teatro súmase mañá como escenario do festival WOSINC coas creacións de Voltage Opposites e de Quimera Rosa

Documento anexo[11/09/2015] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá sábado 12 de setembro as vangardistas propostas escénicas das agrupacións Voltage Opposites e Quimera Rosa, incluídos dentro da programación do Festival WOSINC que se está a desenvolver en dez espazos da cidade.


SERÁN OS DÍAS 10, 13 E 14 DE XULLO

O Salón Teatro acolle os concertos de Roberto Oliveira, Ímpetus e Al Ayre Español dentro do Festival Via Stellae

Documento anexo[08/07/2015] O Salón Teatro de Santiago é unha das sedes da nova edición do Festival Via Stellae, dentro do que acollerá nos próximos días os concertos do percusionista Roberto Oliveira e das formacións Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid e Al Ayre Español. A Consellería de Cultura e Educación colabora así con este programa musical, que promoven e organizan o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, e que se desenvolve desde o 29 de xuño e ata o 15 de xullo en teatros, igrexas e outras localizacións singulares da cidade.
REPRESÉNTASE DESDE MAÑÁ MÉRCORES 17 ATA O DOMINGO 21

Chega ao Salón Teatro 'Bilingue', o espectáculo inaugural do 'Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia'

Documento anexo[16/06/2015] O Salón Teatro de Santiago será o escenario da presentación en Galicia de ‘Bilingue’, primeiro espectáculo xurdido do ‘Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia’, que se exhibirá na sede do Centro Dramático Galego (CDG) desde mañá mércores 17 e ata o domingo 21 de xuño.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 | 69 | 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal