Novas
VENRES 20 E SÁBADO 21, ÁS 20.30 H, E DOMINGO 22, ÁS 18.00 H
[19/03/2015] ‘Xardín suspenso’, o novo espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), retoma esta fin de semana as súas funcións xerais no Salón Teatro de Santiago, sede da unidade teatral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A montaxe que dirixe Cándido Pazó a partir da obra de Abel Neves, referente da actual dramaturxia portuguesa, poderá verse ata o 29 de marzo neste espazo compostelán, onde se representa os venres e sábados, ás 20.30 horas, e os domingos, ás 18.00 horas.
A NOVA PRODUCIÓN DO CDG, DIRIXIDA POR CÁNDIDO PAZÓ A PARTIR DA OBRA DE ABEL NEVES, PODERÁ VERSE DO 13 AO 29 DE MARZO NO SALÓN TEATRO
[11/03/2015] O espectáculo 'Xardín suspenso' estréase este venres día 13, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago como nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), que desta volta conta con Cándido Pazó na dirección escénica e con César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos na interpretación. Realizado a partir do drama asinado por Abel Neves, un dos dramaturgos máis recoñecidos da actual escena portuguesa, o espectáculo poderá verse ata o 29 de marzo na sede compostelá da compañía pública galega, onde desenvolverá oito funcións xerais e catro pases matinais para centros educativos antes de iniciar unha xira de dous meses que rematará a finais de maio en Lisboa.
JORGE ALGORA DIRIXE ESTA FITA QUE NARRA A EXPERIENCIA VITAL DO MESTRE ALBERTE SACIDO NAS ESCOLAS DO RURAL
[27/02/2015] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá sábado 28 de febreiro, ás 18:00 horas, a estea do documental ‘Unitarias. Historia dun mestre galego‘, realizado por Adiviña Producións e cofinanciado pola Consellería de Cultura e Educación a través das subvencións da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
XA ESTÁ OPERATIVA A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA AS FUNCIÓNS NO SALÓN TEATRO
[23/02/2015] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de poñer en marcha o blog do espectáculo ‘Xardín suspenso’ para compartir co público o proceso de produción desta versión da obra do autor portugués Abel Neves, que a unidade teatral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estreará no Salón Teatro de Santiago o venres 13 de marzo.
O MÉRCORES 11 DE FEBREIRO, ÁS 20.30 HORAS
[09/02/2015] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este mércores día 11, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo ‘Um Picasso’ da Companhia de Teatro de Braga, que regresa a Santiago de Compostela no marco do programa de colaboración que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén con diferentes estruturas teatrais de Portugal.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
| 73 |
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes