AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ASISTEN 22 ALUMNOS, A MEIRANDE PARTE DELES PROFESIONAIS DA ESCENA GALEGA

Vázquez Abad abre o Curso de Posta en Escena do director canadense Joël Beddows, organizado pola USC co apoio da Cultura e Educación

[12/01/2015] Xesús Vázquez Abad abriu hoxe o Curso de Posta en Escena que, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, imparte o director canadense Joël Beddows ata o vindeiro día 23. Un total de 22 alumnos, profesionais da escena galega na súa maioría, asisten a este encontro co obxectivo de se perfeccionar na dirección teatral a partir da adquisición de novas ferramentas técnicas e dunha profunda reflexión práctica arredor desta materia.
SÚMASE Á INICIATIVA XUNTO AO TEATRO PRINCIPAL E A ZONA C

O Salón Teatro forma parte da oferta bonificada da nova carteleira semestral compostelá de teatro galego e portugués

Documento anexo[29/12/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co Concello de Santiago na configuración da nova carteleira de teatro galego e portugués que se ofrecerá desde distintos escenarios da cidade entre xaneiro e xuño de 2015, e da súa posta a disposición do público mediante dun bono de desconto específico.


OFRECEU DE XANEIRO A DECEMBRO 110 REPRESENTACIÓNS TEATRAIS, 96 PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS E 18 CONCERTOS EN 142 DÍAS DE APERTURA

O Salón Teatro despide unha carteleira anual de 229 funcións en 2014 cos últimos pases de 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas'

Documento anexo[23/12/2014] O Salón Teatro de Santiago, espazo escénico dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despide a próxima semana a súa programación de 2014 cos últimos pases do espectáculo familiar do Centro Dramático Galego (CDG) ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’ e despois de ter desenvolvido ao longo deste ano un total de 229 actividades, entre as que se contan funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.
CON FUNCIÓNS PARA TODA A FAMILIA OS DÍAS 13, 14, 22, 23, 26, 27, 28, 29 E 30, ÁS 18.00 HORAS

Comeza no Salón Teatro a campaña de Nadal de 'As laranxas máis laranxas...'

Documento anexo[09/12/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia esta semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela a intensa campaña de Nadal do espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, coa que culminan dous meses de xira desta versión para toda a familia da coñecida obra de Carlos Casares.
O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE UNHA FUNCIÓN ESCOLAR O VENRES 5 E OUTRA MATINAL PARA PÚBLICO XERAL O SÁBADO 6

'As laranxas...' chegan á Estrada como penúltimo destino da súa xira

Documento anexo[03/12/2014] O espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, producido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego (CDG), encara xa a recta final da súa xira galega, no marco da que esta semana se presenta no Teatro Principal da Estrada para ofrecer dúas funcións matinais: o venres 5, ás 11.30 horas, para escolares, e o sábado 6, ás 12.30 horas, para público familiar.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 | 78 | 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal