Novas
A PARTIR DO LUNS, NO SALÓN TEATRO
[13/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reunirá 82 actores e actrices nas audicións que se desenvolverán no Salón Teatro de Santiago a partir do próximo luns 16 para seleccionar o elenco do espectáculo do Centro Dramático Galego ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’. Do total de aspirantes que concorreron a esta convocatoria pública, 50 optan aos tres papeis femininos e 32 aos tres masculinos deste texto de Carlos Casares, que regresará aos escenarios a partir do outono.
O VENRES 13, ÁS 19.00 E ÁS 22.00 H, E O XOVES 14, ÁS 20.00 E ÁS 22.00 H
[11/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta fin de semana os catro pases cos que o filme ‘Encallados’, do realizador compostelán Alfonso Zarauza, comeza o seu percorrido por distintas salas galegas. En Santiago, esta produción de Zircozine proxectarase en sesión dobre o venres 13, ás 19.00 e ás 22.00 horas, e o sábado 14, ás 20.00 e ás 22.00 horas.
OS XOVES 12 E 19 DE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS
[10/06/2014] O Salón Teatro de Santiago será o escenario os próximos xoves 12 e 19 de xuño das semifinais do II Campionato Galego de Improvisación, xénero escénico que comeza a contar cun nutrido número de intérpretes e seguidores en Galicia. Nestas dúas sesións, que terán lugar ás 21.00 horas, elixiranse os candidatos que competirán na final do certame o sábado 21 no Teatro Principal.
DO MÉRCORES 4 AO DOMINGO 8 DE XUÑO
[02/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta semana un total de cinco funcións do espectáculo ‘Meu ben’, protagonizado por Elina Luaces, Mercedes Castro e Rocío González. A nova produción de Eme2 representarase no espazo compostelán a partir do mércores día 4, tomando así o relevo de Teatro Muxicas, agrupación artística da ONCE en Ourense, que mañá martes abre a carteleira de xuño coa representación ás 20.30 horas de ‘A visita da vella dama’.
O MARTES 3 DE XUÑO, ÁS 20.30 HORAS
[30/05/2014] O Salón Teatro acolle este martes 3 de xuño a traxicomedia ‘A visita da vella dama’ da man de Teatro Muxicas, agrupación artística da delegación da ONCE en Ourense. Coa función que ofrecerá ás 20.30 horas dá comezo a programación de xuño neste espazo compostelán, cunha carteleira integrada por 14 sesións de teatro, música, novo circo e cinema galegos.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
| 81 |
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes