Novas
A PRESENTACIÓN DESTE THRILLER DE ACCIÓN DO DIRECTOR LUIS NORIEGA TERÁ LUGAR O MÉRCORES 5, ÁS 20.30 HORAS, NUNHA SESIÓN QUE INCLUIRÁ A EXHIBICIÓN DA CURTA ‘ESPELLOS’
[03/02/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este mércores día 5, ás 20.30 horas, a presentación en Santiago de Compostela do filme ‘O crime da Legua Dereita’, longametraxe do director Luis Noriega producida por Cool Films Galicia.
ESTE DOMINGO 2 DE FEBREIRO, ÁS 18.00 HORAS
[31/01/2014] O Salón Teatro, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela, ofrece este domingo 2 de febreiro ás 18.00 horas a estrea da traxicomedia ‘Matanza’, versión do texto de Roberto Salgueiro producida pola compañía galega Triatreros.
REPRESENTARÁN ‘NOVAS DIRETRIZES EM TEMPOS DE PAZ’, DE BOSCO BRASIL, E ‘AUTOS DA REVOLUÇÃO’, DE LOBO ANTUNES EN NARÓN, OURENSE, SANTIAGO E TUI
[28/01/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove neste primeiro semestre de 2014 as xiras galegas da Escola da Noite de Coimbra e do Centro Dramático de Évora, coas que se completa a edición inaugural de Troco x Troco, primeiro circuíto organizado de intercambio teatral con Portugal. Un total de catro espazos galegos e catro portugueses, así como outras tantas compañías escénicas de ambos os países, participan nesta iniciativa impulsada conxuntamente por Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a asociación portuguesa Cena Lusófona.
JOSÉ PRIETO DIRIXE A IOLANDA MUÍÑOS, CÉSAR GOLDI E CARLOS MOSQUERA
[21/01/2014] O Salón Teatro, espazo escénico dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, programa esta semana catro funcións do espectáculo musical ‘Bye, Bye, Honey’ que, a cargo da compañía galega Obras Públicas, ocupará o escenario compostelán do xoves 23 ao domingo 26 de xaneiro. Dirixida por Xosé Prieto e interpretada por Iolanda Muíños, César Goldi e Carlos Mosquera, ‘Bye, Bye, Honey’ conta a historia de Marta, unha rapaza de barrio que decide deixar á súa casa e á súa familia para emprender un camiño incerto e perigoso, rodeada por todas partes de "lumpen, pachanga e rock’n roll".
EN ‘O QUE VAI NA CABEÇA DO MENINO MANUEL’, UN ACTOR E UN MÚSICO RECREAN O UNIVERSO ONÍRICO CREADO POR MANUEL ANTÓNIO PINA
[16/01/2014] O Salón Teatro, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela, programa este sábado 18 de xaneiro, ás 18.30 horas, o espectáculo musical ‘O que vai na cabeça do menino Manuel’. Esta proposta da compañía portuguesa Teatro Bruto está pensada para o público familiar e infantil, recomendándose a partir dos catro anos de idade.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
| 90 |
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes