Novas
CON FUNCIÓNS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DO ALENTEJO E EN COÍMBRA
[09/05/2022] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' viaxa esta semana a Portugal, cunha función en Beja, no marco do Festival Internacional de Teatro do Alentejo, e outra en Coímbra. A xira portuguesa do espectáculo que leva a escena o texto de AveLina Pérez, con dramaturxia e dirección de Marta Pazos, forma parte da aposta pola proxección internacional do teatro galego da unidade teatral da Xunta e polo reforzo da colaboración co país luso. Nesta liña, cómpre salientar tamén que o director do CDG, Fran Núñez, se despraza mañá a Viana do Castelo para presentarlle o sistema de teatro inclusivo a Teatro do Noroeste-Viana do Castelo, interesado na ferramenta.
ESTARÁ NO AUDITORIO BALDOMERO CORES DO 5 AO 8 DE MAIO
[29/04/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a xira da súa última produción 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' a vindeira semana en Cee, segundo se anunciou hoxe nunha rolda de prensa celebrada nesa localidade e na que participou o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez. Con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, a montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco.
O CONSELLEIRO DE CULTURA E O DIRECTOR DO EVENTO AVANZAN A PROGRAMACIÓN DE ARTES ESCÉNICAS GALEGAS QUE PRESENTARÁ A XUNTA
[22/04/2022] Galicia será a comunidade autónoma convidada de honra na 45 edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro (Ciudad Real), segundo anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o director do evento, Ignacio García; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, e o presidente da asociación Escena Galega, Santiago Cortegoso.
OS CATRO CONCELLOS, ASÍ COMO A ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA E O IES AUDIOVISUAL DE VIGO, SÚMANSE Á INICIATIVA PARA ACHEGARLLE O TEATRO Á CIDADANÍA DE TODO O TERRITORIO GALEGO
[20/04/2022] Veciñanza de Malpica de Bergantiños, Miño, Rianxo e Sobrado desprazarase ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para ver a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', a través do programa de mobilidade promovido pola unidade teatral da Xunta. A iniciativa, á que tamén se sumaron a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o IES Audiovisual de Vigo, ten como obxectivo facilitarlle á cidadanía de todo o territorio galego o achegamento ao teatro e ao espazo escénico compostelán.
O SALÓN TEATRO ACOLLE ESTE XOVES A FUNCIÓN INAUGURAL DA MONTAXE, EN CARTEL ATA O 1 DE MAIO
[12/04/2022] O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade presentou hoxe a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', con dirección e dramaturxia de Marta Pazos e cuxa estrea será este xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
| 10 |
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes