Novas
ACOMPAÑADO POR JAVIER CONSTENLA AOS TECLADOS E RÓBER VÁZQUEZ Á BATERÍA, INTERPRETARÁ NOVAS COMPOSICIÓNS XUNTO AOS SEUS TEMAS MÁIS COÑECIDOS
[14/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este xoves día 16, ás 21.00 horas, o concerto no que o cantautor compostelán Xosé Constenla compartirá co público da súa cidade a publicación do disco ‘Sinecismo’, gravado en directo o pasado mes de xuño neste mesmo escenario.
O SALÓN TEATRO FORMA PARTE DESTE PROGRAMA DE DESCONTOS XUNTO AO TEATRO PRINCIPAL, ZONA C E SALA AGUSTÍN MAGÁN
[13/01/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través da Axencia Galega das Indutrias Culturais (Agadic)- mailo Concello de Santiago colaboran na posta a disposición do público compostelán do primeiro bono de desconto que agrupa toda a oferta teatral galega de 2014 no Salón Teatro e no Teatro Principal, xunto coas propostas máis alternativas que acollen a Zona C e a Sala Agustín Magán. Coa creación deste Bono de Teatro Galego (e Portugués), ambas as entidades abren unha nova vía para favorecer o achegamento dos espectadores á carteleira teatral galego-portuguesa dos principais espazos escénicos da cidade, dentro da que durante este primeiro semestre se programan 28 espectáculos e máis de 80 representacións.
PRESENTARÁ EN DIRECTO OS TEMAS DE ‘ÉRASE UN SUEÑO’, O SEU DISCO DE DEBUT
[09/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é unha das sedes da nova edición do ciclo Íntimo & Acústico, que dá comezo neste escenario compostelán o sábado día 11 co concerto que a cantautora asturiana Paula Rojo ofrecerá ás 20.30 horas.
O CONCERTO TERÁ LUGAR ESTE VENRES DÍA 10 DE XANEIRO, ÁS 20.30 H
[08/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este venres 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, un concerto no que o sexteto Tempo Catro presentará en directo os temas incluídos en ‘Os ollos que falan. Rosalía de Castro’, traballo discográfico no que pon música a once poemas de ‘Cantares gallegos’.
ESTE MUSICAL SOBRE O AMOR REPRESÉNTASE O VENRES 3 E O SÁBADO 4 ÁS 20.30 HORAS
[01/01/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura esta semana a programación de 2014 do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións do espectáculo ‘Waltz’, da compañía galega Voadora, que terán lugar o venres 3 e o sábado 4 de xaneiro ás 20.30 horas. Desprégase así unha nova carteleira, que durante o primeiro mes do ano ofrecerá un total de 11 citas co teatro e a música, entre as que se atopan as montaxes da formación portuguesa Teatro Bruto e da galega Obras Públicas, ademais dos concertos de Sexteto Tempo Catro, Paula Rojo, Xosé Constenla e Cass McCombs.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
| 91 |
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes