AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO ACOLLE O 25 E 26 DE OUTUBRO DÚAS FUNCIÓNS DE "GIL VICENTE NA HORTA"

O Teatro Nacional Dona María de Lisboa actúa por vez primeira en Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación

Documento anexo[21/10/2013] A compañía do Teatro Nacional Dona María II (TNDM) de Lisboa visitará Galicia por vez primeira para presentar os vindeiros días 25 e 26 de outubro en Santiago de Compostela o espectáculo Gil Vicente na horta, dentro do plano de colaboración aberto coa Consellería de Cultura e Educación para a relación entre os teatros públicos de Galicia e Portugal e para afondar na promoción da lusofonía desde o ámbito da escena.


A SEDE DO CDG ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA AS ÚLTIMAS DÚAS FUNCIÓNS DO ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO FAMILIAR ‘TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL’, COPRODUCIDO CON TEATRO DO NOROESTE

O Salón Teatro ofrece unha nova carteleira de teatro, música e cine con máis de 50 xornadas de actividade ata fin de ano

Documento anexo[19/10/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana as últimas dúas funcións en Santiago do espectáculo para público familiar Touporroutou da lúa e do sol, coproducido por Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño, para dar paso a continuación a unha ampla carteleira de teatro, música e audiovisual. Esta nova programación estenderase ata finais do mes de decembro con máis de 50 xornadas de actividades abertas ao público.
O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN PRESENCIOU A COPRODUCIÓN REALIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E TEATRO DO NOROESTE NO SALÓN TEATRO

Xesús Vázquez Abad asiste á representación da obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol"

Documento anexo[18/10/2013] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe a representación da obra Touporroutou da lúa e do sol no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, interpretada por Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería, e que permanecerá en cartel na capital galega ata este domingo para, posteriormente, comezar unha xira por diferentes escenarios galegos e portugueses.
SERÁ ESTE DOMINGO DÍA 13 NO PAZO DA CULTURA ÁS 21:00H

O Outono de Teatro de Carballo estrea o espectáculo "Symon Pédícrí", que contou co apoio do CDG na súa fase de creación

[11/10/2013] O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo estreará este domingo día 13 o espectáculo Symon Pédícrí, do galego Diego Anido, proxecto apoiado pola Consellería de Cultura e Educación a través dunha residencia artística desenvolvida no Centro Dramático Galego (CDG) como parte do proceso creativo desta proposta escénica.
CDG E TEATRO DO NOROESTE COPRODUCEN ESTA MONTAXE, CON DIRECCIÓN DE EDUARDO ALONSO A PARTIR DA OBRA DE VIDAL BOLAÑO

Máis de 1.300 alumnos de toda Galicia asistirán ao espectáculo "Touporroutou da lúa e do sol" dentro da súa campaña escolar no Salón Teatro

Documento anexo[07/10/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia mañá a campaña escolar arredor do espectáculo Touporroutou da lúa e do sol, de Roberto Vidal Bolaño, que durante a súa estadía no Salón Teatro de Santiago congregará máis de 1.300 alumnos de 20 centros educativos de toda Galicia. Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) coproducen esta montaxe, dirixida por Eduardo Alonso, a través da que afondan na divulgación da figura e da obra do autor compostelán entre os espectadores máis novos.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 | 95 | 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal