Novas
O CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA OFRECE ESTE DOMINGO DÍA 9, ÁS 20.30 HORAS, A REPRESENTACIÓN DESTA OBRA MESTRA DO AUTOR COMPOSTELÁN
[06/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este domingo día 9, ás 20.30 horas, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo a representación do espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG)
Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño. A galega Fefa Noia dirixe esta adaptación dunha das obras que mellor resume o universo bolañano e que a compañía pública recuperou para as táboas como proposta escénica central da programación coa que a Consellería homenaxea o dramaturgo compostelán no ano en que se lle dedica o Día das Letras.
O DIRECTOR, OS PROTAGONISTAS E OS EQUIPOS ARTÍSTICO E TÉCNICO DA FITA ASISTIRÁN Á PRESENTACIÓN QUE TERÁ LUGAR ESTE VENRES DÍA 7 ÁS 21.00 HORAS
[05/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este venres 7, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela a presentación da curtametraxe
Flores para Amalia, do director guardés Nani Matos. A fita, que está a iniciar o seu percorrido de proxeccións e participación en festivais, acaba de ser recoñecida cos premios do público e do xurado dos veciños á mellor curta de ficción na pasada edición do Festival de Cans.
ESTREARASE O 4 DE OUTUBRO BAIXO A DIRECCIÓN DE EDUARDO ALONSO
[03/06/2013] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou a campaña de difusión entre os centros de ensino galegos do seu próximo proxecto teatral, a coprodución xunto a compañía galega Teatro do Noroeste da obra de Vidal Bolaño para público infantil
Touporroutou da lúa e do sol, que se estreará o 4 de outubro en Santiago.
O AUDITORIO MUNICIPAL RECIBE O ESPECTÁCULO MAÑÁ SÁBADO EN FUNCIÓN ESCOLAR E O LUNS 3 PARA ESCOLARES
[31/05/2013] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolverá en Rianxo dúas novas funcións da súa última produción,
Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño, baixo a dirección de Fefa Noia. O Auditorio Municipal recibe mañá sábado 1 de xuño o espectáculo estreado pola compañía pública en homenaxe ao autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas e programará, ademais, outro pase o luns día 3 especialmente dirixido aos escolares da comarca.
VANESA SOTELO DIRIXE ESTA MONTAXE CONTEMPORÁNEA, QUE FINALIZA O SEU PERÍODO DE EXHIBICIÓN COA FUNCIÓN DESTE SÁBADO, ÁS 20.30 HORAS
[30/05/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este sábado 1 de xuño, ás 20.30 horas, o espectáculo
Kamouraska, proposta contemporánea da compañía Inversa Teatro con dramaturxia e dirección de Vanesa Sotelo, un dos nomes máis destacados da nova escena galega. Esta será, ademais, a última función desta peza, que conclúe en Santiago de Compostela o seu percorrido escénico tras varios anos en exhibición.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
| 98 |
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes