AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

FEFA NOIA DIRIXE ESTA VERSIÓN DUNHA DAS OBRAS MESTRAS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, QUE SE ESCENIFICA O XOVES 13 NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

O Centro Dramático Galego ofrece en Lugo as últimas funcións en Galicia do espectáculo "Días sen gloria"

Documento anexo[11/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conclúe en Lugo a xira galega de Días sen gloria, produción do Centro Dramático Galego (CDG) a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño, que sube ao escenario do Auditorio Municipal Gustavo Freire o xoves 13 con senllas representacións para público xeral ás 20.30 horas e para escolares en sesión matinal.
O CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA OFRECE ESTE DOMINGO DÍA 9, ÁS 20.30 HORAS, A REPRESENTACIÓN DESTA OBRA MESTRA DO AUTOR COMPOSTELÁN

A xira do Centro Dramático Galego con "Días sen gloria" recala en Vigo este domingo

Documento anexo[06/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este domingo día 9, ás 20.30 horas, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo a representación do espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño. A galega Fefa Noia dirixe esta adaptación dunha das obras que mellor resume o universo bolañano e que a compañía pública recuperou para as táboas como proposta escénica central da programación coa que a Consellería homenaxea o dramaturgo compostelán no ano en que se lle dedica o Día das Letras.
O DIRECTOR, OS PROTAGONISTAS E OS EQUIPOS ARTÍSTICO E TÉCNICO DA FITA ASISTIRÁN Á PRESENTACIÓN QUE TERÁ LUGAR ESTE VENRES DÍA 7 ÁS 21.00 HORAS

O Salón Teatro proxecta a curtametraxe "Flores para Amalia", de Nani Matos, gañadora de dous premios en Cans

[05/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este venres 7, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela a presentación da curtametraxe Flores para Amalia, do director guardés Nani Matos. A fita, que está a iniciar o seu percorrido de proxeccións e participación en festivais, acaba de ser recoñecida cos premios do público e do xurado dos veciños á mellor curta de ficción na pasada edición do Festival de Cans.
ESTREARASE O 4 DE OUTUBRO BAIXO A DIRECCIÓN DE EDUARDO ALONSO

O Centro Dramático Galego inicia a campaña de captación escolar para a súa próxima coprodución "Touporroutou da lúa e do sol"

[03/06/2013] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou a campaña de difusión entre os centros de ensino galegos do seu próximo proxecto teatral, a coprodución xunto a compañía galega Teatro do Noroeste da obra de Vidal Bolaño para público infantil Touporroutou da lúa e do sol, que se estreará o 4 de outubro en Santiago.
O AUDITORIO MUNICIPAL RECIBE O ESPECTÁCULO MAÑÁ SÁBADO EN FUNCIÓN ESCOLAR E O LUNS 3 PARA ESCOLARES

O Centro Dramático Galego desenvolve en Rianxo dúas novas funcións dentro da xira da súa última produción, "Días sen gloria"

Documento anexo[31/05/2013] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolverá en Rianxo dúas novas funcións da súa última produción, Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño, baixo a dirección de Fefa Noia. O Auditorio Municipal recibe mañá sábado 1 de xuño o espectáculo estreado pola compañía pública en homenaxe ao autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas e programará, ademais, outro pase o luns día 3 especialmente dirixido aos escolares da comarca.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 | 100 | 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal