AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O espectáculo forma parte das actividades do 40º aniversario da compañía

O Centro Dramático Galego estrea en Galicia 'Manuela Rey Is In Da House' con tres funcións no Teatro Principal de Santiago

Documento anexo[12/03/2024] O Centro Dramático Galego estrea en Galicia esta fin de semana o espectáculo Manuela Rey Is In Da House cunha serie de funcións para público xeral que terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela do xoves 14 ao sábado 16 de marzo para continuar a reivindicar e dar a coñecer entre o público galego a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX.
AS FUNCIÓNS SERÁN OS DÍAS 23 E 24 DE FEBREIRO

Antón Reixa e Antela Cid levan a traxedia grega ao Gaiás para falar do medo ao éxito e a igualdade

[14/02/2024] Un díptico teatral de Antón Reixa e Antela Cid recupera as vidas das personaxes esquecidas pola literatura dramática clásica para facelas protagonistas dos volumes X e XI das Clásicas Desfeitas. Baixo o título Míticas pero secundarias, este espectáculo duplo pechará os días 23 e 24 de febreiro unha nova edición do ciclo escénico promovido pola Xunta de Galicia dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás.
A programación arranca esta fin de semana

O Centro Dramático Galego intensifica a súa actividade de creación escénica coa mostra de catro coproducións e a programación do Salón Teatro

[01/02/2024] O Centro Dramático Galego ten programada durante este trimestre unha intensa actividade en Santiago de Compostela, que traspasa as fronteiras da súa sede no Salón Teatro coa mostra de catro coproducións na capital de Galicia e outras actividades de creación e exhibición que culminarán en abril coa estrea de 'Os actos e as profecías', o espectáculo central que a compañía pública de teatro está a crear para a conmemoración do o seu 40º aniversario. As tres pezas deseñadas para este ano dentro do ciclo Clásicas desfeitas, que se re representarán na Cidade da Cultura de Galicia a partir de mañá, e a montaxe 'Manuela Rey Is In Da House', que chegará ao Teatro Principal compostelán en marzo, son as catro propostas nas que o Centro Dramático Galego participa en réxime de coprodución. Ademais, entre outras citas, o Salón Teatro acollerá o XXVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC, unha residencia artística do Teatr Piba da Bretaña, no marco do proxecto europeo Phone, e a estrea de 'Helen Keller, a muller marabilla?', a nova obra do grupo Chévere, co que a compañía pública colabora de xeito especial para ofrecer unha temporada de funcións para o avance do teatro accesible e inclusivo.
TEATRO ITINERANTE E INTERACTIVO

O ciclo Clásicas Desfeitas renova o 'Hamlet' de Cunqueiro facendo mestizaxe de teatro e videoxogos na Cidade da Cultura

Documento anexo[24/01/2024] O grupo de innovación docente ComTecArt, da Universidade de Vigo, adapta o escritor de Mondoñedo nunha obra itinerante e interactiva que bebe tamén de Shakespeare e do brasileiro Machado de Assis. Trátase dunha produción internacional que terá a súa estrea en febreiro no Gaiás coas compañías brasileira Boccaccione e a galega Marinita y sus Maromas, dentro do ciclo impulsado pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e da Cidade da Cultura. Nesta edición Clásicas Desfeitas volverá tamén protagonistas ás personaxes secundarias da mitoloxía grega nun díptico contemporáneo creado por Antón Reixa e Antela Cid, dentro do súa filosofía de actualizar os clásicos a través doutras disciplinas máis aló da literatura.
IMPARTIDO POR IGNACIO GARCÍA

Artistas con diversidade funcional participan nun obradoiro de teatro clásico organizado polo Centro Dramático Galego e Culturactiva

[14/12/2023] O Centro Dramático Galego colabora coa empresa de xestión cultural Culturactiva na organización en Santiago de Compostela dun obradoiro de teatro clásico e interpretación para artistas con diversidade funcional, impartido polo director escénico Ignacio García, referente na difusión do repertorio teatral do Século de Ouro español. O curso desenvolverase desde mañá e ata o martes 19 no Centro Sociocultural Santa Marta coa participación de 26 intérpretes de diferentes puntos de Galicia e cunha ampla variedade en canto á súa formación, experiencia artística nos ámbitos escénico e musical, idade e capacidades diferentes.

Anteriores | 1 | 2 | 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal