Novas
ARRANCA A CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN COA FASE DE DRAMATURXIA
[27/03/2022] A Xunta celebrou hoxe o Día Mundial do Teatro nun acto que reuniu o sector para premiar os gañadores da primeira edición da Bolsa de dramaturxia e creación e anunciar a nova convocatoria da iniciativa, impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) en colaboración con diversos colectivos do ámbito teatral e cultural. No evento, desenvolvido no exterior do Salón Teatro de Santiago, participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o director do CDG, Fran Núñez. Interveu tamén Zé Paredes en representación de DramaturGA.
O DIRECTOR DA AGADIC MANTIVO UN ENCONTRO CON MARTA PAZOS, RESPONSABLE DA DIRECCIÓN E DA DRAMATURXIA
[21/03/2022] O escenario do Salón Teatro de Santiago acolle desde hoxe os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais'. Con este motivo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantivo un encontro con Marta Pazos, directora e dramaturga, e con demais membros do equipo da peza que está a preparar a unidade teatral da Xunta para a súa estrea no espazo compostelán o 14 de abril, onde permanecerá ata o 1 de maio. As entradas están xa á venda na web ataquilla.com.
NO MARCO DO CICLO 'CLÁSICAS DESFEITAS' COPRODUCIDO POLA CIDADE DA CULTURA E O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
[18/03/2022] O ciclo 'Clásicas desfeitas', coproducido pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta, arrinca mañá sábado 19 de marzo coa estrea de Arte sen guión, unha comedia que intenta responder desde a creación contemporánea a un misterio por resolver: existiu o teatro en galego na Idade Media? A compañía Galeatro válese das técnicas da improvisación e da musica para construír unha peza cargada de humor na que o antigo e o moderno batallan e dialogan entre si.
A NETA DO AUTOR DA NOVELA QUE INSPIRA A MONTAXE ACUDIU Á SESIÓN NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO
[12/03/2022] Elisabeth Maisondieu-Camus, neta de Albert Camus e membro da entidade responsable do legado do autor Camus Estate, asistiu xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, á representación da produción do Centro Dramático Galego 'A peste', inspirada na obra homónima do Nobel de Literatura francés.
AO ABEIRO DO PROGRAMA DE RESIDENCIAS ARTÍSTICAS DO GAIÁS
[10/03/2022] A Xunta presenta este mes os volumes 4 e 5 do ciclo 'Clásicas desfeitas', que este ano leva a escenarios non convencionais obras inspiradas na literatura medieval galega e na renacentista portuguesa. Os dous proxectos, están a tomar forma xa no marco do programa de apoio ao talento creativo das Residencias Artísticas do Gaiás co propósito de achegar unha ollada renovada e actual sobre o patrimonio cultural e artístico.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
| 11 |
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes