AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O ESPECTÁCULO CONTA CON DIRECCIÓN DE ESCENA DE EVARISTO CALVO

A Consellería de Cultura e Educación respalda a estrea, mañá en Narón, de "Criaturas", de Roberto Vidal Bolaño, a cargo de Teatro de Aquí

Documento anexo[18/04/2013] A compañía Teatro do Aquí estrea mañá en Narón Criaturas, o emblemático texto de Roberto Vidal Bolaño que volve aos escenarios a cargo de Teatro do Aquí e co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dun réxime de coprodución co Centro Dramático Galego (CDG).
O CONSELLEIRO RESALTOU A ENTREGA DO AUTOR COMPOSTELÁN "Á PRÁCTICA ESCÉNICA EN GALEGO E Á CREACIÓN DUNHA VIZOSA OBRA DRAMÁTICA"

Vázquez Abad presenta no Salón Teatro a programación da Xunta para as Letras Galegas 2013 dedicada a Roberto Vidal Bolaño

Documento anexo[15/04/2013] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe no Salón Teatro a programación da Xunta de Galicia para as Letras Galegas 2013, dedicada a Roberto Vidal Bolaño. Un autor enteiramente entregado ao teatro que, en palabras de Vázquez Abad, foi "un anovador esencial, un punto e aparte que marca un novo xeito de abordar un xénero e unha profesión, un autor único e memorable" esencial para a historia do noso teatro.
APOIA A DISTRIBUCIÓN DA PROPOSTA QUE A COMPAÑÍA CORDELIA DO CAMPUS OURENSÁN ESTREA MAÑÁ NO TEATRO PRINCIPAL DA SÚA CIDADE DENTRO DA XVIII MITEU

O CDG colabora coa Aula de Teatro Universitaria de Ourense na posta en escena do espectáculo "Vidal Bolaño 2013"

Documento anexo[12/04/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Centro Dramático Galego (CDG), apoia a compañía Cordelia da Aula de Teatro Universitaria de Ourense na posta en escena e distribución de Vidal Bolaño 2013, espectáculo no que se combinan pasaxes de diferentes obras do dramaturgo como Saxo Tenor, Rastros, Animaliños e Anxeliños.
UNS 150 ESTUDANTES DE FERROL, VALGA E VIVEIRO ABRIRON HOXE O PROGRAMA DE FUNCIÓNS CONCERTADAS CON INSTITUTOS, PARA O QUE SE EDITOU UN EXHAUSTIVO CADERNO PEDAGÓXICO

Máis de 1.200 alumnos de toda Galicia asistirán ao espectáculo "Días sen gloria" dentro da campaña escolar que o Centro Dramático Galego desenvolve no Salón Teatro

Documento anexo[10/04/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abriu esta mañá no Salón Teatro de Santiago a campaña escolar de difusión teatral arredor do espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Días sen gloria, versión da obra de Roberto Vidal Bolaño baixo a dirección de Fefa Noia á que asistirán máis de 1.200 alumnos dunha vintena de centros educativos de toda Galicia.
A PRIMEIRA FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POR RUBÉN RUIBAL, TERÁ LUGAR MAÑÁ ÁS 20.30 HORAS NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

A Aula de Teatro da Universidade da Coruña estrea "A burla do galo" de Roberto Vidal Bolaño co apoio do CDG

Documento anexo[09/04/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Centro Dramático Galego (CDG), colabora coa Aula de Teatro da Universidade da Coruña-TeatroNORMAL na posta en escena da súa versión de A burla do galo, de Roberto Vidal Bolaño, que estrea mañá mércores 10, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro como parte do cartel do XX Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 | 102 | 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal