AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

TODAS AS SESIÓNS DAN COMEZO ÁS 19.00 HORAS E A ENTRADA É LIBRE ATA COMPLETAR A CAPACIDADE

"Laudamuco" e "Saxo Tenor" centran esta semana o ciclo audiovisual "Vidal Bolaño recuperado" que o CDG organiza no Salón Teatro

Documento anexo[12/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago dúas novas citas audiovisuais do ciclo Vidal Bolaño recuperado, que dedicará a sesión de mañá mércores 13 á análise de Laudamuco, señor de ningures a partir da súa posta en escena polo Centro Dramático Galego en 2003 (na imaxe), mentres que a do xoves 14 se centrará no espectáculo Saxo Tenor, que o propio Roberto Vidal Bolaño dirixira para a súa compañía Teatro do Aquí en 1993.
HOXE COMEZAN OS ENSAIOS DE "DÍAS SEN GLORIA", PRODUCIÓN PROPIA QUE SE ESTREARÁ O PRÓXIMO 5 DE ABRIL BAIXO A DIRECCIÓN ESCÉNICA DE FEFA NOIA

Cultura e Educación dedica á obra de Roberto Vidal Bolaño todos os espectáculos do Centro Dramático Galego de 2013

Documento anexo[11/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dedica á difusión da obra de Roberto Vidal Bolaño todos os espectáculos que o Centro Dramático Galego asumirá a xeito de produción propia ou en réxime de participación con compañías privadas e outras entidades ao longo de 2013, ano no que se homenaxea o dramaturgo compostelán co Día das Letras Galegas.
ACTÚA POR SEGUNDA SEMANA CONSECUTIVA NO ESCENARIO COMPOSTELÁN, ONDE A PARTIR DE MAÑÁ OFRECERÁ TRES NOVAS REPRESENTACIÓNS DESTA COMEDIA QUE CONVIDA A REFLEXIONAR SOBRE A SITUACIÓN DO GALEGO

A compañía Talía celebra esta fin de semana no Salón Teatro a función número cen do seu espectáculo "Pelos na lingua"

Documento anexo[07/02/2013] A compañía Talía Teatro mantén por segunda semana consecutiva a súa estadía no Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en Santiago de Compostela, onde desta volta está a poñer en escena o seu espectáculo Pelos na lingua, co que chegará ao centenar de funcións realizadas desde a súa estrea hai preto de dous anos.
O ESPAZO COMPOSTELÁN ACOLLE MAÑÁ MÉRCORES 6 E O XOVES 7 AS DÚAS PRIMEIRAS CITAS DESTE CICLO, CO QUE DÁ COMEZO A PROGRAMACIÓN ESPECIAL QUE O CDG DEDICA AO AUTOR

O Centro Dramático Galego inicia no Salón Teatro o programa "Vidal Bolaño recuperado" coa análise das pezas "Agasallo de sombras" e "Rosalía"

Documento anexo[05/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza, a través do Centro Dramático Galego (CDG), o ciclo Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais, que dá comezo esta semana no Salón Teatro de Santiago coa análise de dous espectáculos dirixidos polo autor compostelán para a compañía pública: Agasallo de sombras, na sesión de mañá mércores 6, e Rosalía, o xoves 7.
O PRIMEIRO DELES PODERÁ VERSE DESDE MAÑÁ E ATA O DOMINGO, MENTRES QUE O SEGUNDO EXHIBIRASE A VINDEIRA SEMANA

A compañía Talía inicia dúas semanas de representacións no Salón Teatro cos seus espectáculos "O método Grönholm" e "Pelos na lingua"

Documento anexo[30/01/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibe mañá a compañía Talía Teatro, que durante dúas semanas se instalará no espazo compostelán para ofrecer un total de 18 funcións dos seus espectáculos O método Grönholm, desde mañá xoves 31 ata o domingo 3 de febreiro, e Pelos na lingua, do luns 4 ao domingo 10 de febreiro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 | 108 | 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal