AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A NOVA PROPOSTA DO CDG PODERÁ VERSE ESTE VENRES DÍA 30, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO SOCIAL NOVACAIXAGALICIA

Cultura e Educación presenta en Pontevedra o espectáculo 'O profesional' do Centro Dramático Galego

Documento anexo[28/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desprázase esta semana a Pontevedra para ofrecer unha función de O profesional, o seu último espectáculo. O Centro Social Novacaixagalicia acollerá o venres día 30, ás 20.30 horas, a posta en escena da que é a primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección de Manuel Guede Oliva e a colaboración da Companhia de Teatro de Braga na coprodución.
ESTA VERSIÓN DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC REPRESÉNTASE O VENRES 23 NO TEATRO MUNICIPAL LAURO OLMO, ONDE RECALA DESPOIS DE VISITAR COIMBRA E BRAGA

A Consellería de Cultura e Educación retoma no Barco de Valdeorras a xira galega do espectáculo ‘O profesional’

Documento anexo[21/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria avanza na xira galega do seu espectáculo O profesional, que este venres 23 será representado no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede Oliva, regresa así a Galicia despois das funcións ofrecidas nas localidades portuguesas de Coimbra e Braga.
PRETO DE 40 ALUMNOS DA ESAD PARTICIPARON NOS PERCORRIDOS GUIADOS POLO ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CDG PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E O SEU FUNCIONAMENTO TÉCNICO

Cultura e Educación impulsa o programa de visitas didácticas ao Salón Teatro de Santiago

[20/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar o programa de visitas didácticas e guiadas ao Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), no que participaron xa preto de 40 estudantes da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.
O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E A CENA LUSÓFONA PROMOVEN ESTAS XORNADAS, QUE SE CELEBRAN DO 30 DE NOVEMBRO AO 3 DE DECEMBRO

A Consellería de Cultura e Educación desenvolverá no Gaiás o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio en Artes Escénicas

Documento anexo[16/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a celebración do III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro na Cidade da Cultura de Galicia coa participación de máis de 50 profesionais de Galicia e dos oito países da lusofonía (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste).
REPRESÉNTASE MAÑÁ E O VENRES NO TEATRO DA CERCA DE SÃO BERNARDO DE COIMBRA E O DÍA 13 NO THEATRO CIRCO, SEDE DA COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA, COPRODUTORA DO ESPECTÁCULO

A Consellería de Cultura e Educación difunde o teatro galego en Portugal con tres funcións de "O profesional" en Coimbra e Braga

Documento anexo[07/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria viaxa esta semana a Portugal co seu último espectáculo, O profesional, que será representado mañá xoves 8 e o venres 9 no Teatro da Cerca de São Bernardo de Coimbra e o martes 13 no Theatro Circo de Braga. A inclusión destes dous espazos nesta xira enmárcase na liña de promoción e colaboración que a compañía pública galega mantén con diferentes entidades portuguesas na procura de acadar unha relación normalizada e sistemática entre as escenas de ambos países.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 | 110 | 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal