AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A NOVA PROPOSTA DO CDG REPRESÉNTASE NO AUDITORIO MUNICIPAL ESTE SÁBADO DÍA 8, ÁS 20.30 HORAS

A Consellería de Cultura e Educación leva a Rianxo o espectáculo do Centro Dramático Galego "O profesional"

Documento anexo[05/12/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo en Rianxo unha función do seu espectáculo O profesional, que terá lugar no Auditorio Municipal o sábado día 8 ás 20:30 horas. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede, avanza así nunha xira que abrangue 11 escenarios galegos e portugueses, despois de ser estreada en Santiago o pasado 5 de outubro.
O ESPAZO COMPOSTELÁN ACOLLE OS DÍAS 4 E 5 AS ÚNICAS REPRESENTACIÓNS EN GALICIA DE ‘NUNCA ESTIVE EM BAGDAD’, DEFINIDA POLO SEU AUTOR COMO UNHA "HISTORIA DE AMOR EN TEMPOS DE GUERRA"

Cultura e Educación ofrece no Salón Teatro de Santiago dúas funcións da compañía portuguesa A Escola da Noite cunha obra de Abel Neves

[02/12/2012] O Salón Teatro de Santiago, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, recibe este martes a compañía portuguesa A Escola da Noite, que ofrecerá aquí as dúas únicas funcións en Galicia do seu espectáculo Nunca estive em Bagdad. Realizado a partir da obra de Abel Neves, un dos nomes máis relevantes da dramaturxia portuguesa contemporánea, represéntase neste escenario compostelán os días 4 e 5, ás 20.30 horas.
A INICIATIVA FOI PRESENTADA HOXE NA CIDADE DA CULTURA DENTRO DO III ENCONTRO INTERNACIONAL DE POLÍTICAS DE INTERCAMBIO NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS

Cultura e Educación participa a través do Centro Dramático Galego no proxecto internacional de teatro 'P-STAGE'

Documento anexo[01/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no proxecto internacional de teatro P-STAGE mediante a incorporación como socio do Centro Dramático Galego (CDG) a esta iniciativa de formación, circulación e exhibición escénica realizada entre distintas entidades e institucións de países de lingua portuguesa.
O CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA EN FUNCIÓNS INAUGUROU HOXE ESTE EVENTO, QUE SE CELEBRA ATA O DOMINGO NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

Cultura e Educación reúne un cento de profesionais no III Encontro de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas

[30/11/2012] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas; un evento que sinalou como unha oportunidade "de achegamento entre dous territorios curmáns, cunha historia e un patrimonio cultural común, que permitirá estreitar os xa de por si estreitos lazos entre Galicia e Portugal, e así avanzar nun diálogo á procura do benestar común". A Cidade da Cultura de Galicia acolle desde hoxe ata o vindeiro domingo este encontro, no que un centenar de profesionais das artes escénicas de Galicia e de 8 países lusófonos intercambiarán experiencias e estreitarán lazos para poñeren en marcha novos proxectos culturais.
O TEATRO ROSALÍA DE CASTRO OFRECE DÚAS FUNCIÓNS DESTA PRIMEIRA VERSIÓN GALEGA DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC, QUE TERÁN LUGAR O MARTES 4 E O MÉRCORES 5 ÁS 20.30 HORAS

Continúa na Coruña a xira do Centro Dramático Galego co espectáculo "O profesional"

Documento anexo[29/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase a semana que vén na Coruña para ofrecer no Teatro Rosalía de Castro dúas funcións do seu último espectáculo, O profesional, de Dusan Kovacevic. Con dirección escénica de Manuel Guede Oliva, esta primeira versión galega e en galego da obra do autor serbio escenifícase o martes 4 e o mércores 5 de decembro, ás 20.30 horas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 | 111 | 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal