AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A MONTAXE PODERÁ VERSE O VENRES 26 E O SÁBADO 27 NO TEATRO MUNICIPAL ÁREA PANORÁMICA

A Consellería de Cultura e Educación inicia en Tui a xira do espectáculo "O profesional" do Centro Dramático Galego

Documento anexo[23/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia esta semana en Tui a xira do espectáculo O profesional con dúas funcións o venres 26 (21:30 h) e o sábado 27 (20:30 h) no Teatro Municipal da Área Panorámica. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic principia así na localidade pontevedresa unha distribución que a levará ata finais de 2012 por 11 escenarios galegos e portugueses, despois da súa estrea en Santiago o pasado 5 de outubro.
UN CADERNO PEDAGÓXICO APOIA AS FUNCIÓNS MATINAIS ESPECIFICAMENTE DIRIXIDAS A ESTUDANTES DE SECUNDARIA

Máis de 500 alumnos asistirán ao espectáculo 'O profesional' do CDG dentro da campaña escolar deseñada pola Consellería de Cultura e Educación

Documento anexo[09/10/2012] Un total de 540 alumnos procedentes de centros de ensino secundario de distintas localidades galegas participarán na campaña escolar de difusión teatral que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a asistencia no Salón Teatro de Santiago ao espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) O profesional.
FUGURAS DO MUNDO DA CULTURA E DO ESPECTÁCULO ENCHERON O SALÓN TEATRO PARA ASISTIR Á PRIMEIRA REPRESENTACIÓN DA TEMPORADA DA COMPAÑÍA PÚBLICA

O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura e Educación estreou 'O profesional', de Dusan Kovacevic, con dirección de Manuel Guede Oliva

[05/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estreou esta noite en Santiago de Compostela o espectáculo O profesional, primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, baixo a dirección escénica de Manuel Guede Oliva. Numerosas figuras do mundo cultural e académico asistiron a esta primeira representación da montaxe coproducida coa Companhia de Teatro de Braga, que marca ademais o inicio da temporada escénica do CDG e da nova etapa de Guede Oliva á fronte da xestión da compañía pública e teatro.
A MONTAXE PODERÁ VERSE ATA O 21 DE OUTUBRO EN SANTIAGO, ONDE OFRECERÁ 9 FUNCIÓNS XERAIS E 4 ESCOLARES, PARA VISITAR DESPOIS OUTROS 11 TEATROS GALEGOS E PORTUGUESES

Cultura e Educación estrea 'O profesional' este venres no Salón Teatro como primeira produción da nova temporada do Centro Dramático Galego

Documento anexo[03/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea este venres día 5 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo O profesional, primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic que sinala, ademais, o inicio da temporada 2012-2013 da compañía pública. O seu responsable, Manuel Guede Oliva, dirixe esta nova proposta, que poñen en escena catro recoñecidos intérpretes galegos -Ernesto Chao, Miguel Pernas, Rebeca Montero e Rodrigo Roel- e para a que se conta coa colaboración da Companhia de Teatro de Braga como entidade coprodutora.
ESTÁ EN MARCHA A CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE PÚBLICO ESCOLAR CUN CADERNO PEDAGÓXICO DIXITAL E PASES PREVIOS DESTINADOS A PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura e Educación ultima os ensaios cara á estrea de "O profesional"

Documento anexo[28/09/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ultima estes días os ensaios do equipo técnico e artístico dedicado á produción de O profesional. O espectáculo, versión galega da obra de Dusan Kovacevic baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, abrirá a temporada 2012-13 da compañía pública o próximo venres 5 de outubro coa súa estrea no Salón Teatro de Santiago.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 | 112 | 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal