Novas
PRETENDE FOMENTAR A ACTITUDE PARTICIPATIVA DO PÚBLICO TEATRAL MEDIANTE A VALORACIÓN DAS SÚAS SUXESTIÓNS
[26/09/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria instituíu a través do Centro Dramático Galego (CDG) o 'Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador' como iniciativa destinada a fomentar a actitude participativa entre o público teatral. O novo galardón, de carácter anual e vinculado á temporada de exhibición do Salón Teatro, publicou a súa primeira convocatoria co obxectivo de recoñecer as achegas dos asistentes aos espectáculos programados no espazo escénico compostelán sede do CDG.
MIGUEL PERNAS, ERNESTO CHAO, RODRIGO ROEL E REBECA MONTERO DARÁN VIDA AOS PERSONAXES DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC, BAIXO A DIRECCIÓN DE MANUEL GUEDE OLIVA
[04/09/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a temporada teatral 2012-2013 do Centro Dramático Galego co inicio dos ensaios do espectáculo
O profesional cara á súa estrea o 5 de outubro no Salón Teatro de Santiago. Baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, un elenco integrado por catro destacados nomes da escena galega -Miguel Pernas, Ernesto Chao, Rodrigo Roel e Rebeca Montero- traballa xa na construción e interpretación dos personaxes da obra de Dusan Kovacevic (na imaxe), dramaturgo e director de orixe serbia e unha das grandes figuras contemporáneas da escrita dramática europea.
COMPAÑÍAS TEATRAIS E DE DANZA, PRODUTORAS AUDIOVISUAIS, CENTROS DE ENSINO, FUNDACIÓNS E ASOCIACIÓNS ATÓPANSE ENTRE AS ENTIDADES QUE RECIBIRON APOIO NO MARCO DESTE SERVIZO DURANTE O PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO
[06/08/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou durante o primeiro semestre do ano máis de trinta proxectos culturais galegos, a meirande parte deles escénicos e audiovisuais, a través do servizo gratuíto de cesión de espazos e de materiais que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG). O departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad busca impulsar esta liña de colaboración coa comunidade artística, de xeito que a optimización dos recursos públicos reverta directamente na redución dos custos de produción de eventos e espectáculos promovidos por empresas culturais, asociacións profesionais e fundacións, entre outras entidades.
ANUNCIOU QUE O CDG PRODUCIRÁ DÚAS OBRAS DO AUTOR AO QUE SE LLE DEDICARÁ O PRÓXIMO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: "DÍAS SEN GLORIA" E "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL"
[30/07/2012] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá a programación dedicada á figura e obra de Roberto Vidal Bolaño que o seu departamento ten previsto desenvolver en 2013 a través do Centro Dramático Galego (CDG). A compañía pública producirá a posta en escena de dúas das pezas asinadas polo dramaturgo compostelán (1950-2002),
Días sen gloria e
Touporroutou da lúa e do sol, ao tempo que promoverá unha serie de actividades divulgativas arredor do autor ao que o ano que vén se lle dedicará o Día das Letras Galegas e figura clave na historia do teatro profesional galego.
INTÉGRANO COMO VOGAIS SALVADOR DEL RÍO, TOÑO CASAIS, CARMEN CASTRO E MANUEL VIEITES
[12/07/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria constituíu esta tarde o novo Consello Asesor do Centro Dramático Galego coa celebración no Salón Teatro de Santiago da primeira reunión deste órgano consultivo, que pasa a estar integrado por catro membros que simbolizan os distintos estamentos relacionados co sector teatral en Galicia baixo a presidencia do director do CDG, Manuel Guede Oliva.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
| 113 |
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes