AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

INTÉGRANO COMO VOGAIS SALVADOR DEL RÍO, TOÑO CASAIS, CARMEN CASTRO E MANUEL VIEITES

A Consellería de Cultura e Educación constitúe o novo Consello Asesor do Centro Dramático Galego

[12/07/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria constituíu esta tarde o novo Consello Asesor do Centro Dramático Galego coa celebración no Salón Teatro de Santiago da primeira reunión deste órgano consultivo, que pasa a estar integrado por catro membros que simbolizan os distintos estamentos relacionados co sector teatral en Galicia baixo a presidencia do director do CDG, Manuel Guede Oliva.
O OBXECTIVO É A OPTIMIZACIÓN DO INTERCAMBIO E DIVULGACIÓN CULTURAL ENTRE OS TERRITORIOS DOS DOUS PAÍSES

Cultura e Educación participa a través do CDG nunha nova plataforma de difusión de actividades entre Galicia e o Norte de Portugal

[04/07/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa, a través do Centro Dramático Galego (CDG), na posta en marcha dunha nova plataforma de difusión de actividades culturais entre Galicia e o Norte de Portugal, que ten como obxectivo a optimización do intercambio e a divulgación das actividades que se desenvolven nos territorios dos dous países.
O TERCEIRO DOS RECITAIS DO FESTIVAL DARÁ COMEZO ÁS 20:00 HORAS

O Salón Teatro incorpórase ao Via Stellae coa integral das suites para violoncello de Bach a cargo de Jean-Guihem Queyras

Documento anexo[03/07/2012] O cellista francés Jean Guihen-Queyras será o protagonista da terceira das xornadas do Via Stellae coa interpretación solista da integral das seis suites para violoncello de Bach. Será mañá mércores 4 ás 20.00h no Salón Teatro de Santiago, espazo que se incorpora deste xeito á programación do festival que organizan a Consellería de Cultura e Educación mailo Concello.
"NON NOS IMPORTA A FAMA" É O NOVO ESPECTÁCULO DA FORMACIÓN COMPOSTELÁ, QUE CORENTA DAS SÚAS VOCES INTERPRETARÁN ESTE SÁBADO ÁS 20.30 H E O DOMINGO ÁS 18.00

O Salón Teatro programa dous concertos do Coro da Ra como final de temporada

[14/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago dous concertos de O Coro da Ra, que terán lugar este sábado día 16 ás 20.30 horas e o domingo 17 ás 18.00 horas como peche da temporada 2011-2012. A formación compostelá presentará aquí o novo repertorio que dá forma ao seu espectáculo Non nos importa a fama.
CLARA PINO, RUBÉN ABEL E ROI ADRIO INTERPRETARÁN NO SALÓN TEATRO OS TEMAS DO SEU PRIMEIRO DISCO CONXUNTO, EDITADO POR SONS GALIZA MÚSICA

O trío Loaira pecha este xoves a cuarta edición do ciclo de concertos ST Música Presente

Documento anexo[12/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 14, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago o último concerto da cuarta entrega do ciclo ST Música Presente, que pecha o trío Loaira cun directo no que soarán os temas do seu debut discográfico homónimo.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 | 116 | 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal